• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta salienta a importancia do proxecto Forvalue para garantir a protección dos valores paisaxísticos e evitar a perda da biodiversidade

A Xunta salienta a importancia do proxecto Forvalue para garantir a protección dos valores paisaxísticos e evitar a perda da biodiversidade

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 21:25

Esta iniciativa ten como obxectivo compartir experiencias e xerar ferramentas que favorezan a resiliencia do territorio fronte aos incendios

Enrique de Salvador puxo en valor a importancia tanto da información territorial e a súa análise como da participación directa de quen vive no territorio e mantén vivas as actividades que se desenvolven nel

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria –que coordinou o proxecto desde a Xunta– puxo en valor esta iniciativa transfronteiriza e os avances acadados de cara a avanzar na anticipación aos incendios forestais

A Xunta salientou a importancia do proxecto Forvalue para evitar a perda de biodiversidade e garantir a protección dos valores paisaxísticos. Así o explicou o director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, durante a súa intervención no Taller divulgativo celebrado na Cidade da Cultura sobre esta iniciativa de colaboración entre Galicia e Portugal.Dentro do obxectivo de compartir experiencias e xerar ferramentas que favorezan a resiliencia do territorio fronte aos incendios, o director do IET puxo en valor a importancia tanto da información territorial e a súa análise como da participación directa de quen vive no territorio e mantén vivas as actividades que se desenvolven nel.De feito, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participa neste proxecto, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) a través do Programa Interreg V–A España–Portugal (Poctep) 2014–2020, pola súa responsabilidade na coordinación da produción, xestión e difusión da información xeográfica e da actividade cartográfica, así como da protección e mellora dos valores paisaxísticos. E, nesa liña, o IET adxudicou por un importe de case 46.000 euros o servizo para a obtención dunha cartografía específica e unha base topográfica de usos e coberturas do solo a escala 1/5.000 que dea apoio aos requirimentos do proxecto, ademais de impulsar unha nova plataforma de xestión forestal e o desenvolvemento dunha aplicación como ferramentas de apoio tecnolóxico que contribúan a mellorar a coordinación nesta materia.Pola súa parte, José Luis Cabarcos, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria –que coordinou o proxecto desde a Xunta a través do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán–, clausurou o acto poñendo en valor tanto esta iniciativa transfronteiriza como as administración e entidades implicadas no obxectivo de avanzar na anticipación aos incendios forestais. Nese senso, celebrou o impulso dun conxunto de modelos de xestión nos que se combinará a mellora do aproveitamento do espazo forestal e da biomasa coa xeración de emprego e riqueza, a potenciación de estratexias e ferramentas TIC de coordinación para a planificación e xestión forestal no territorio limítrofe entre Galicia e Portugal e o fomento de novas unidades de xestión forestal con visión transfronteiriza. Cómpre engadir que no acto tamén participou a xefa do servizo de Propiedade Forestal da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Belén Bris, para falar precisamente da necesidade de apostar por novas fórmulas de xestión do territorio.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar