• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta reafirma o seu apoio ao sector cárnico sumando ás axudas directas da pandemia o protocolo de entendemento entre a cadea de valor e a súa estratexia sectorial

A Xunta reafirma o seu apoio ao sector cárnico sumando ás axudas directas da pandemia o protocolo de entendemento entre a cadea de valor e a súa estratexia sectorial

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 05:10

José González lembrou que máis de 4.600 explotacións recibiron un montante total superior aos 7 millóns de euros, no marco das achegas polos efectos da covid–19 que tamén beneficiaron o sector da planta ornamental, da flor cortada e do viño

Engadiu que a rede Mercaproximidade permitiu dar saída en supermercados e mediante compra pública para hospitais ou outros centros sociais aos produtos agroalimentarios afectados polas limitacións na hostalaría ou na restauración

O conselleiro do Medio Rural, José González, puxo hoxe en valor todo o traballo desenvolvido pola Xunta a prol do sector cárnico. En sede parlamentaria, lembrou que desde a concesión de axudas directas a máis de 4.600 explotacións por un montante total superior aos 7 millóns de euros para paliar os efectos da pandemia da covid–19, o Goberno galego leva implementado toda unha serie de medidas para garantir o futuro do sector. Así, o titular de Medio Rural quixo recalcar que a Xunta non só apoiou estes axentes primordiais do noso sector primario coas achegas directas que tamén beneficiaron o sector da planta ornamental, da flor cortada e do viño, cun importe global para todos eles de 18 millóns de euros. Tamén durante a pandemia, puxo en marcha a rede Mercaproximidade, que permitiu dar saída aos produtos agroalimentarios que se viron afectados polas limitacións na hostalaría ou na restauración, tanto nos establecementos das principais cadeas de distribución que operan na comunidade como mediante compra pública para abastecer hospitais ou outros centros sociais. Na súa intervención, José González sinalou que o Goberno galego continúa avanzando na necesidade de soster o sector cárnico e de asegurar a súa viabilidade a longo prazo, poñendo por diante aos profesionais que viven maioritariamente desta actividade. Nesa folla de ruta, enmarcou o protocolo de entendemento histórico promovido entre toda a cadea de valor da carne para acadar rendas dignas para os gandeiros, unha vez confirmada a situación de venda a perdas xeneralizada. Ao tempo que reclamou a mesma implicación por parte do Goberno central para consolidar este sector fundamental para o noso agro, o conselleiro recordou tamén a Estratexia de dinamización do sector cárnico na que se está a traballar para darlle un pulo á produción e á comercialización non só do vacún senón tamén aos eidos avícola, porcino, ovino, caprino ou cunícola. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar