• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta publica a licitación de novo equipamento para o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia por un importe de 72.000 ?

A Xunta publica a licitación de novo equipamento para o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia por un importe de 72.000 €

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 11:35

Esta nova licitación enmárcase na renovación e modernización do equipamento deste centro anunciado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e que suporá un investimento, ao longo deste ano, de máis de 600.000 euros

A Xunta de Galicia vén de publicar no perfil do contratante un anuncio da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas, pola que se licita o subministro dun termociclador e un extractor de ácidos nucleicos para a área de microbioloxía do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, por un importe de 72.479 euros. O Laboratorio de Saúde Pública de Galicia é a unidade provedora das determinacións analíticas derivadas dos programas de vixilancia e control oficial que realiza a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade no ámbito da protección da saúde, tanto no caso da seguridade alimentaria como da sanidade ambiental.Na área de Microbioloxía do laboratorio algúns das análises realízanse mediante a técnica de PCR en tempo real. Na actualidade, é necesario incorporar ao Laboratorio de Saúde Pública de Galicia equipamento que integre a enorme evolución que experimentou a técnica da PCR nestes últimos anos. Cabe destacar que, con esta licitación de equipamento para a área de Microbioloxía do Laboratorio, comeza a facerse realidade unha serie de investimentos no mesmo, anunciados polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que van levar a modernizar e renovar o equipamento de alta tecnoloxía por un valor de 660.000 euros, grazas aos fondos REACT–UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014–2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da covid.Deste xeito, en próximas datas, vaise licitar un equipo de cromatografía de líquidos de alta resolución acoplado a un sistema de masas/masas tipo triplo cuadrupolo, un cromatógrafo de gases con detección por espectometría de masas de triplo cuadrupolo, un equipo de espectrometría de masas con plasma de acoplamiento inductivo ou un equipo de cromatografía de líquidos de alta resolución con dobre detección fluorescencia e diodo array.Ademais deste investimento en equipamento, vaise proceder, tamén con fondos europeos REACT–UE, á próxima licitación para a substitución do sistema de información do laboratorio, por un valor de 350.000 euros, que vai supoñer unha transformación global na xestión de mostras e procesos dentro do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, o que dará lugar a aumentar a eficiencia do laboratorio. A Xunta apostou por Lugo para ter esta infraestrutura e iniciou, no ano 2013, unhas obras de ampliación do laboratorio provincial para aumentalo ata os 2.500 m2, dotalo de novo equipamento de alta tecnoloxía e convertelo no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, que agora é referente no eido da saúde pública de toda España. Despois dun investimento de case dous millóns de euros, botou a andar en xaneiro de 2015, e a medidados dese ano tivo unha nova achega de 600.000 euros para completar a reforma e a adquisición de tecnoloxía. Estes investimentos foron cofinanciados nun 80% pola Unión Europea dentro do programa operativo FEDER Galicia 2007–2013. Posteriormente, investíronse, entre 2018 e 2020, outros 600.000 euros en distintos equipos de cromatografía.Dende o 2015, duplicáronse os ensaios e multiplicáronse por cinco os ensaios intercolaborativos, que son aqueles nos que se comparan os resultados obtidos con laboratorios similares. En cantos máis ensaios colaborativos se participe, maior será a calidade dos datos ofrecidos polo laboratorio, pois esa comparativa serve como ferramenta de control da calidade necesaria para a acreditación das técnicas analíticas.O Laboratorio é referente para Galicia para facer as análises do Plan Nacional de Investigación de Residuos e, ademais, cada vez máis técnicas das que realiza contan con acreditación, por iso o Executivo galego o está a potenciar e involucrar en máis actividades, para explotar todo o seu potencial. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar