• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta pon en valor o traballo da Fundación Andrea en apoio ás familias con nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais

A Xunta pon en valor o traballo da Fundación Andrea en apoio ás familias con nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 23:30

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron na gala anual da entidade, na que se entregaron catro “variñas máxicas” a persoas que colaboran coa organización

Diego Calvo destacou o espírito solidario que a fundación mantén durante todo o ano para prestar os servizos que precisan as familias con rapaces e rapazas hospitalizados ou co proxecto de humanización de espazos nos hospitais galegos

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2022O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron esta tarde no Pazo de San Lourenzo na XVI Gala solidaria anual da Fundación Andrea, que ten como obxectivo recadar fondos para as iniciativas que desenvolve esta entidade, centrada no apoio ás nenas e nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais e ás súas familias.Pese a que o evento coincide ás portas do Nadal, Diego Calvo puxo en valor o espírito solidario que a fundación mantén vivo ao longo de todo ano para os seus usuarios facilitándolles ás familias con escasos recursos económicos a atención e o apoio económico, moral e informativo que precisan. Deste xeito, ofrecen aloxamento nas súas tres casiñas para os familiares de nenos e nenas hospitalizadas e cobren, a través de becas, gastos de manutención ou desprazamento. Ademais, proporcionan axudas coas que sufragar sesións de fisioterapia, musicoterapia, hidroterapia, logopedia, equipamentos ortopédicos, medicación e psicoterapia e atención psicolóxica ás familias. Diego Calvo incidiu tamén no importante traballo que a organización realiza co obxectivo de facer máis agradable a estancia da cativada ingresada e ás súas familias nos hospitais galegos, grazas ao seu proxecto de dulcificación de espazos de uso pediátrico hospitalario.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar