• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta pon en valor na Feira do Viño de Monterrei o seu compromiso con este sector

A Xunta pon en valor na Feira do Viño de Monterrei o seu compromiso con este sector

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 22:55

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria salientou tamén a importancia da denominación de orixe Monterrei, así como o compromiso da Xunta coa calidade mediante ferramentas como a súa aposta pola recuperación das variedades autóctonas

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitou este sábado a localidade ourensá de Verín para acudir á súa Feira do Viño, un produto amparado pola denominación de orixe Monterrei. Alí, puxo en valor o papel desta celebración e da propia denominación de orixe como axentes impulsores do sector vitivinícola no plano galego e nacional, así como o compromiso da Xunta con este eido mediante ferramentas como a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, coa calidade como base do crecemento.Cabarcos, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, comezou a súa intervención aludindo ao gran progreso rexistrado polos viños da zona dende o establecemento do Consello Regulador da denominación de orixe Monterrei a mediados dos anos 90, así como ao rol destacado da feira deste ano como mostra da fortaleza do sector tras dous anos de pandemia. José Luis Cabarcos tamén reafirmou o compromiso da Xunta coa calidade no sector. A calidade é, segundo o director, o instrumento clave para diferenciar o produto galego e, neste caso, da denominación de orixe Monterrei. Cabarcos aludiu por isto á Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, e en particular ao proceso de recuperación das variedades autóctonas mediante accións como o establecemento de polígonos de viñedo. Nesta mesma liña, fixo referencia tamén á futura Lei da calidade alimentaria que impulsa a Xunta como un texto que marcará un antes e un despois na ordenación, fomento e promoción das producións galegas de calidade diferenciada.O director concluíu a súa intervención reforzando todo o anterior como claves para avanzar na “senda correcta” e continuar co crecemento de Monterrei como referente vitivinícola tanto dentro como fóra de Galicia. Isto, mediante un produto de máxima calidade que recolle o aprendido no pasado e o que se está a facer no presente para impulsar o que realizarán as futuras xeracións.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar