• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta inicia as obras dunha nova senda peonil na estrada OU-312 en Bubaces, no concello de Lobios

A Xunta inicia as obras dunha nova senda peonil na estrada OU-312 en Bubaces, no concello de Lobios

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:38

A actuación conta cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros

O obxectivo é mellorar o tránsito peonil neste núcleo de poboación habilitando un itinerario na marxe dereita da estrada, xunto ao río Caldo, entre os puntos quilométricos 6+540 e 6+900

A senda iníciase unha vez superada a ponte sobre o río Caldo, pola marxe dereita, e discorre a carón da estrada cunha anchura de 1,80 metros

A Xunta ten previsto prolongar este novo itinerario ata a senda de Torneiros

O departamento que dirixe Ethel Vázquez segue mellorando a rede viaria da Xunta para favorecer os desprazamentos a pé dos veciños dun modo máis seguro e sustentable

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou as obras para a execución dunha nova senda peonil OU–312As obras foron adxudicadas á empresa Explotacións Medioambientais SLU por máis de 48.000 euros.O obxectivo das intervencións é mellorar o tránsito peonil, para o que se está a habilitar un itinerario na marxe dereita da estrada da OU–312, xunto ao río Caldo, entre os puntos quilométricos 6+540 e 6+900, que presenta neste tramo unha plataforma duns 5,5 metros con dous carrís, sen beiravías.A senda iníciase unha vez superado a ponte sobre o río Caldo, pola marxe dereita, e discorre a carón da estrada cunha anchura de 1,80 metros. Para acadar esta anchura, executarase nalgúns tramos unha pequena escavación e reperfilado dos noiros existentes. Nos primeiros 60 metros, a senda irá en pendente cara á estrada e no resto executarase con tipoloxía de senda–cuneta. Na intervención inclúense os sumidoiros e colector para permitir a recollida das pluviais e a comodidade de circulación aos peóns.En actuacións posteriores, o departamento de Infraestruturas ten previsto prolongar este itinerario ata Torneiros.O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa mellorando a rede viaria autonómica para favorecer os desprazamentos a pé dos veciños dun modo máis seguro e sustentable 120 Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar