• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta destaca a excelencia da formación no Centro Superior de Hostelería de Galicia como sinónimo de profesionalización no sector turístico

A Xunta destaca a excelencia da formación no Centro Superior de Hostelería de Galicia como sinónimo de profesionalización no sector turístico

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 11:25

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na cerimonia de graducación do alumnado do Centro Superior de Hostelería de Galicia

Nava Castro indicou que este acto segue consolidando a Galicia como un territorio cunha oferta turística de excelencia

Nesta cerimonia gradúanse 108 alumnos, 35 en Xestión Hoteleira e Gastronomía e 6 en Xestión en Cociña

destacou a importancia da formación no Centro Superior de Hostelería de Galicia como sinónimo de profesionalización do sector turístico, no marco do acto de graduación dos alumnos, ao que tamén asistiron o reitor da USC, Antonio López Díaz, o presidente do Cluster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal e a Directora do CSHG, Marta Fernández. Na súa intervención, a directora de turismo de Galicia salientou a importancia da calidade como eixe fundamental da nosa oferta gastronómica, que converte a Galicia nun faro de excelencia. Neste senso, destacou que “a aposta pola calidade turística permítenos impulsar un factor de diferenciación do destino turístico, un elemento fundamental nun mercado global e competitivo”.No acto de hoxe gradúanse 108 alumnos, dos cales son 35 alumnos/as da VIII Promoción do Diploma Superior en Xestión Hoteleira e 6 alumnos/as da VI Promoción do Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña deste curso; e 53 alumnos/as da VI Promoción do Diploma Superior en Xestión Hoteleira e 14 alumnos/as da IV Promoción do Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña do pasado ano, que por mor da pandemia non tiveron acto de graduación. O CSHG é un centro especializado na formación en xestión de empresas hostaleiras e de restauración. Inicia o seu percorrido no ano 1993 para dar resposta a necesidade de directivos na xestión hoteleira. Dous anos despois, poríase en marcha o primeiro curso académico dun programa xa extinguido, o Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras. Na súa traxectoria ten consolidado un posto de referencia no sector, ao formar a máis de 2.500 profesionais que desenvolven o seu labor en empresas hostaleiras e turísticas de todo o mundo.Finalmente a directora de Turismo de Galicia animou aos novos graduados a construír desde a base o futuro desenvolvemento do sector, “a proxección internacional deste centro vai marcar a vosa formación e a vosa carreira profesional e ainda mais neste ano, co Xacobeo como gran escaparate de Galicia para o mundo. Unha oportunidade histórica para axudar a reactivar o sector turístico e a economía galega. Un evento singular e único, un elemento de referencia en toda Europa e en gran parte do mundo” Nava Castro lembrou que onte mesmo a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades rexistrou no Ministerio de Universidades a proposta de oferta de prazas de novo ingreso en títulos oficiais de grao e máster para as universidades públicas galegas cara o curso académico 2022/2023, no que se inclúe o Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras, que impartirá este Centro con 75 prazas.sorte de poder contar na nosa comunidade cunha institución, de formación para a calidade no turismo e que se foi convirtindo en si misma nunha embaixadora de Galicia”, rematou No acto, participaron como madriña e padriño da promoción Natalia Seoane, directora de grandes hoteis e nomeada pola revista Mujeres&Cia, como unha das mulleres máis inflluíntes de España e o cociñeiro Javier Olleros, chef do restaurante Culler de Pau e nominado como un dos mellores cociñeiros do mundo. Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar