• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta destaca a aposta da empresa téxtil D-due pola calidade para gañar presenza a nivel internacional

A Xunta destaca a aposta da empresa téxtil D-due pola calidade para gañar presenza a nivel internacional

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:50

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou en Sanxenxo o pop up no que as prendas da firma de Rianxo comparten espazo con pezas de máis dunha trintena de obradoiros de Artesanía de Galicia

Sanxenxo (Pontevedra), 16 de agosto de 2022O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou a aposta da compañía téxtil D–due pola calidade como clave para gañar presenza e ser competitiva a nivel internacional. Recentemente visitou en Sanxenxo o pop up no que as pezas de máis dunha trintena de obradoiros de Artesanía de Galicia comparten espazo con prendas da firma dirixida por Charo Froján e Alfredo Olmedo, unha compañía que ten amosado as súas creacións nas semanas da moda de París e Milán; así como en Madrid, Barcelona, Berlín ou Tokio. O traballo de D–Due é apreciado internacionalmente por mercados como o xaponés, onde en 2015 celebraron a apertura da súa primeira tenda en Aoyama, Tokio, unha das zonas comerciais máis exclusivas da capital nipona. A difusión internacional de D–due consolidouse ao longo dos últimos anos coa súa presenza nunha ampla variedade das tendas e dos grandes almacéns de Italia, Francia ou Corea do Sur entre outras cidades clave do panorama da moda mundial.Por segundo ano consecutivo, a Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, impulsa unha tenda efémera coa que se busca ofrecer unha mostra do talento galego e da alta calidade da moda, do feito á man e da artesanía feita en Galicia, vinculada a unha empresa téxtil de referencia como é D–Due. Ata o 31 de agosto poderanse atopar neste pop up, aberto no número 6 da rúa Luis Vidal Rocha, pezas de máis dunha trintena de obradoiros da marca Artesanía de Galicia que están especializados na olería tradicional, na cerámica, na madeira, na cestería tradicional, no tecido, na elaboración e reparación de redes, nos coitelos, na elaboración de zocos, no traballo co coiro, na elaboración de figuras con miga de pan (sanandresiños), na papiroflexia, no encaixe, na xoiería, na cestería de palla na elaboración de complementos e no traballo co feltro. A marca Artesanía de Galicia xa ten colaborado noutras ocasións con esta empresa téxtil en eventos de comercialización conxunta. Así, no ano 2016, Artesanía de Galicia viaxou a Xapón da man de D–due para amosar o traballo de varios obradoiros artesáns e foi grazas a este tipo de colaboracións que o sector artesán galego puido introducirse no mercado xaponés a través da cadea de tendas HP France, que conta con case un cento de establecementos neste país asiático. Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar