O obxectivo é impulsar novas iniciativas de emprendemento, para o que as mozas e mozos contan coa experiencia de persoas maiores
Unha veintena de entidades de acción voluntaria e locais de toda Galicia participan coas súas propostas neste novidoso programa, que abrangue ámbitos como a produción agroalimentaria, a posta en valor do patrimonio ou o turismo, entre outros
Normal 0 false false false ES X–NONE X–NONE Ponteceso (A Coruña), 3 de febreiro de 2023A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo hoxe coas dez persoas que participan na proposta de voluntariado interxeracional que está a desenvolver a Fundación Eduardo Pondal. Esta fundación é unha da veintena de entidades de acción voluntaria e locais que forman parte da que é a primeira edición deste novidoso programa co que o Goberno galego quere favorecer a formación e o intercambio de coñecementos entre a xente maior e a mocidade. O proxecto que está a levar a cabo a Fundación Eduardo Pondal leva por título ‘Os tempos son chegados. O teu talento, o meu futuro’ e ten como finalidade impulsar novas iniciativas de emprendemento no rural coa recuperación de oficios tradicionais. Neste sentido, Cristina Pichel destacou que a finalidade deste e de todos os proxectos que se están a executar ao abeiro deste programa de voluntariado interxeracional é abrir novas oportunidades de futuro e perspectivas laborais para a xuventude.A directora xeral tamén apuntou que esta proposta da Xunta permite conxugar o talento e a experiencia das persoas maiores coas inquedanzas e curiosidades da mocidade. Trátase de que as persoas de máis de 55 anos compartan o seu coñecemento en ámbitos como a recuperación de oficios, a produción agroalimentaria, a posta en valor do patrimonio e o turismo con mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. Estes poderán devolver este coñecemento achegando á xente maior coñecementos en modelos dixitais e tecnolóxicos, entre outros. O programa de Voluntariado Interxeracional conta cun orzamento de 760.000 euros, púxose en marcha a finais do ano pasado e e continuará durante 2023, principalmente en lugares do medio rural. Esta novidosa proposta está dirixida a entidades de acción voluntaria, tanto locais como asociativas. Todos os proxectos están integrados por grupos interxeracionais e funcionan por un sistema de parellas, no que cada persoa voluntaria maior de 55 anos encargarase de titorizar a un mozo.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando