• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta amplía a "prealerta por escaseza" de auga á bacía do río Tambre e do río Grande

A Xunta amplía a “prealerta por escaseza” de auga á bacía do río Tambre e do río Grande

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 16:55

A “prealerta por escaseza” activada hoxe inclúe os sistemas da bacía do Tambre e dos ríos que desembocan na ría de Muros–Noia, así como a conca do río Grande e dos ríos que acadan a ría de Camariñas e a costa de Cabana, Laxe e Muxía

Os subsistemas dos ríos Bahíña e Zamáns presentan un escenario equivalente ao de prealerta pese a que os sistema no seu conxunto aínda no acade ese escenario

Constátase un empeoramento xeneralizado da situación no conxunto da demarcación hidrográfica de Galicia–Costa, a excepción do norte da provincia de Lugo, debido a carestía de precipitacións e ás altas temperaturas rexistradas durante a primeira quincena do mes

Os caudais circulantes dos ríos da demarcación seguen estando por debaixo dos valores habituais para esta época do ano, un 34% menos que a media dos últimos dez anos

A ocupación dos encoros de abastecemento sitúase no 72,4%, o que representa un 15,7% menos que no ano 2021

A Xunta reitera o chamamento á redución do consumo por parte dos cidadáns, das empresas e das administracións, coa adopción de medidas como a restrición de regas, a limitación do enchido das piscinas ou a reutilización, no posible, da auga

A Xunta ampliou hoxe a “prealerta por escaseza” de auga á bacía do río Tambre e do río Grande ante o drástico descenso dos caudais nesta primeira quincena do mes de agosto. Os subsistemas de Zamáns e Bahíña presentan unha situación equivalente ao do resto de sistemas en prealerta aínda que o conxunto do sistema ao que pertencen mantense en normalidade segundo os indicadores valorados. Polo que se insta aos xestores de abastecemento destas zonas a tomar as mesmas medidas de aforro e contención do consumo que no resto de sistemas en alerta.O xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, presidiu hoxe unha nova xuntanza da Oficina Técnica da Seca, integrada tamén por Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural. Na reunión tratouse polo miúdo a activación da “prealerta por escaseza” na zona correspondente ao sistema de explotación da bacía do río Tambre e do resto de ríos que desembocan na ría de Muros–Noia, así como na conca do río Grande e dos ríos que desembocan na ría de Camariñas e na costa de Cabana, Laxe e Muxía. Todas as zonas de prelaerta comparten a característica de non dispor de grandes encoros de abastecemento e, polo tanto, nas que os sistemas de abastecemento se nutren desde os propios ríos ou desde pozos ou mananciais.Por outra banda na reunión abordouse a necesidade de dar un tratamento equivalente á prealerta por escaseza aos subsistemas dos ríos Bahíña e Zamáns, pese a que o sistema ao que pertence continúa amosado normalidade segundo os indicadores establecidos no plan. Deste xeito, os indicadores calculados a partir dos datos rexistrados durante esta primeira quincena do mes de agosto amosan que, de empeorar a situación, o abastecemento destas zonas podería verse comprometido polo que os concellos afectados deben tomar xa medidas aforro e contención das demandas de auga, en prevención desa posibilidade. Ao considerar todos os factores expostos, a Oficina Técnica da Seca acordou a activación da prealerta por escaseza, co establecemento dos mecanismos de coordinación necesarios entre as administracións locais e a Xunta para xestión da situación e a previsión doutras posibles medidas a adoptar, no caso de rexistrarse un eventual empeoramento.Na xuntanza ratificouse tamén a continuidade da prealerta por escaseza na conca do río Lérez e do río Anllóns.No resto dos sistemas da demarcación hidrográfica de Galicia–Costa mantense a situación de “seca prolongada”.No encontro, no que se repasou a evolución da situación hidrolóxica e meteorolóxica na demarcación hidrográfica de competencia autonómica, constatouse un empeoramento xeneralizado da situación en toda as bacías de Galicia–Costa, a excepción das do norte da provincia de Lugo, debido a carestía de precipitacións e ás altas temperaturas rexistradas durante este período. Os caudais circulantes rexistrados ata o de agora no mes de agosto seguen estando por debaixo dos valores habituais para esta época do ano, arredor dun 34% menos, se se ten en conta os caudais rexistrados nos últimos dez anos.No que se refire á ocupación actual dos encoros de abastecemento da demarcación hidrográfica Galicia–Costa, a 15 de agosto estaba no 75,4%, o que representa un 15,7% menos á ocupación rexistrada nas mesmas datas de 2021.O conxunto de datos analizados pola Oficina Técnica da Seca correspóndense cos primeiros 15 días deste mes de agosto, polo que non se ten en conta o efecto completo das chuvias dos últimos días, que se consideran un fenómeno illado, xa que as previsións meteorolóxicas non prevén chuvias significativas a curto ou medio prazo. Estímase que a lixeira melloría rexistrada nos caudais circulantes nos ríos por estas choivas desaparecerá a curto prazo, polo que a Oficina Técnica da Seca incide na necesidade de manter a contención nos usos da auga e non relaxar as medidas de aforro adoptadas polos concellos.A Xunta reitera o chamamento á contención do consumo e á utilización responsable da auga, evitando usos innecesarios para garantir o abastecemento e o mantemento do caudal ecolóxico dos ríos.Desde a Oficina Técnica da Seca insístese na importancia de que os concellos, que son os responsables dos sistemas de abastecemento, analicen aqueles usos da auga menos prioritarios que se poidan realizar nos seus termos municipais e que tomen as medidas que consideren necesarias para reducir a demanda.A Xunta reitera tamén o chamamento á poboación e ás empresas para a redución do consumo ao máximo posible, para complementar as medidas adoptadas polos concellos en canto aos usos municipais.A situación actual require da suma de esforzos por parte dos cidadáns, de empresas e das administracións, con medidas como a restrición de regas, evitar o lavado innecesario dos coches, limitar o enchido das piscinas ou a reutilización da auga sempre que sexa posible.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar