• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas de ata 10.600? para apoiar os autónomos que volvan emprender tras o cese de actividade ou cambien de sector

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas de ata 10.600€ para apoiar os autónomos que volvan emprender tras o cese de actividade ou cambien de sector

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 11:00

O Bono Nova Oportunidade, dotado con cinco millóns de euros, poderá pedirse ata o próximo 31 de outubro

Concederanse dous tipos de financiamento, compatibles entre si: apoios de 9.000 euros para axudar á posta en marcha da nova empresa e/ou axudas de 1.600 euros en accións de formación e mentoring

O programa enmárcase na nova Estratexia para o emprego da Xunta, a marca Xempre, coa que o Goberno galego busca xerar en Galicia máis emprego de calidade e apoiar o emprendemento en todas as súas fases e a formación para o emprego

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade activou xa este ano máis de 45 millóns de euros para apoiar o emprego por conta propia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases do Bono Nova Oportunidade , o programa da Xunta con axudas de ata 10.600 euros para apoiar ás persoas autónomas que desexen volver emprender tras o cese de actividade ou cambiar de sector o seu negocio. Estes apoios poden pedirse desde mañá e ata o próximo 31 de outubro. Trátanse de axudas dirixidas ás persoas autónomas que se atopen en situación de desemprego e desexen volver emprender tras ter que cesar a súa antiga actividade por causas económicas e a aquelas que teñan en mente cambiar de actividade económica para volver emprender nun sector emerxente. O Bono Nova Oportunidade está dotado de cinco millóns de euros, un crédito co que o Goberno galego prevé poder beneficiar a 470 persoas traballadoras por conta propia. O programa inclúe dous tipos de financiamento: o Bono Alta Nova Oportunidade para apoiar a posta en marcha do novo negocio cunha axuda de 9.000 euros; e o Bono Formación e/ou Mentoring, dotado de 1.600 euros, para financiar accións de formación de 40 horas como mínimo en xestión xerencial, comercial ou financeira, marketing dixital ou calquera outra que teña relación directa co negocio a emprender; e/ou para acompañar aos emprendedoras cunha persoa mentoria. Os dous bonos son compatibles entre si, polo que a axuda pode chegar aos 10.600 euros por persoa. A crise provocada pola covid–19 obrigou a persoas autónomas a pechar os seus negocios ou a reorientalos, e a Xunta de Galicia quere facilitar o seu retorno ao emprendemento ou ao cambio de actividade. Para os autónomos que volven a emprender tras o peche da súa actividade esíxese, entre outros, estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional no período do 1 de xaneiro de 2022 ao 30 de outubro de 2022; ter cotizado anteriormente a esta nova alta ininterrompidamente polo menos durante 3 meses durante a súa vida laboral no RETA ou calquera outro réxime especial por conta propia; estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo a nova alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia; ou ter o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia. Tamén se solicita que trasncorrera un período mínimo de dous meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.Para as persoas que desexan cambiar a súa actividade para outro sector emerxente, os principais requisitos son estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional; ter cesada na súa actividade e iniciaran unha nova noutro sector distinto, no período do 1 de xaneiro de 2022 ao 30 de outubro de 2022; ter cotizado, anteriormente a esta nova alta, de maneira ininterrompida polo menos durante 6 meses durante a súa vida laboral no RETA, ou en calquera outro réxime especial por conta propia; e ter o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia. O Bono Nova Oportunidade enmárcase na nova Estratexia para o emprego da Xunta de Galicia, a marca Xempre, creada para xerar en Galicia máis emprego de calidade e apoiar o emprendemento en todas as súas fases, así como a formación para o emprego.As persoas autónomas son para o Goberno galego un colectivo prioritario para o que, no que vai de ano, xa activou axudas por máis de 45 millóns de euros, incluídas as do Bono Nova Oportunidade. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar