Xunta de Galicia
A Xunta abre a convocatoria do plan Eduemprende para fomentar estas habilidades entre o alumnado e facilitarlles a transición ao mundo laboral

A Xunta abre a convocatoria do plan Eduemprende para fomentar estas habilidades entre o alumnado e facilitarlles a transición ao mundo laboral
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Dividido en tres liñas de actuación e 12 programas, diríxese ao alumnado das diferentes etapa educativas
Organízanse actividades prácticas como visitas a empresas e centros tecnolóxicos, concursos de ideas, iniciativas de mentorización ou relatorios
Os centros poden presentar as súas solicitudes ata o 21 de febreiro
A Xunta de Galicia vén de publicar a convocatoria de programas do Plan de Emprendemento do Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, que ten como obxectivo principal promover a cultura do emprendemento entre o alumnado, proporcionándolles ferramentas que permitan avanzar neste sentido e facilitarlles a transición da vida académica á laboral.Os distintos programas do Plan Eduemprende están dirixidos a alumnado de diferentes ensinanzas, etapas e niveis educativos, co obxectivo de traballar e potenciar as súas habilidades emprendedoras. Para isto, establécense unha serie de programas de carácter práctico, como visitas a empresas e centros tecnolóxicos, relatorios, formacións, concursos de ideas, actividades de orientación e mentorización, etc.O plan divídese en tres liñas de actuación, cunha ducia de programas. A primeira delas, de fomento da cultura emprendedora, busca motivar ao alumnado para desenvolver habilidades como a creatividade, a innovación e a iniciativa para xerar ideas e proxectos. Nela enmárcanse os programas Actúa, Eduinspira e Eduindustria.A segunda liña de actuación, de desenvolvemento de habilidades empresariais, céntrase en ensinar conceptos fundamentais de negocios, xestión, márketing, finanzas e outras áreas clave para emprender con éxito. Desenvólvese a través dos programas Finanzas para mortais, Grand Prix Financeiro, Prepárate para o salto, Seguramente, A tola aventura do aforro e Simula.Finalmente, a terceira liña está centrada na conexión co mundo empresarial e busca establecer vínculos co mundo empresarial, ofrecendo oportunidades de mentorización e colaboracións con empresas para brindar ao alumnado unha visión máis realista e práctica da contorna empresarial. Forman parte dela os programas Atrévete, EduTecEmprende e Mentoring FP.Os centros poden consultar o detalle de cada un dos programas no anexo da convocatoria.A través destas iniciativas sensibilízase á comunidade educativa sobre a importancia de fomentar unha cultura emprendedora dinámica e fomentar o seu desenvolvemento, integrando estes valores nos centros. Desta forma incúlcase esta mentalidade e habilidades ao alumnado, facilitando a súa transición desde a contorna educativa cara ao ámbito laboral, preparándoo para a súa inserción profesional.Ademais, resáltase e valórase a contribución das persoas emprendedoras en Galicia e divúlganse as boas prácticas e iniciativas neste sentido. Así mesmo, recoñécese a importancia crucial da innovación e a creatividade no proceso emprendedor.O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 21 de febreiro de 2024. Os centros interesados deberán presentala na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do formulario correspondente.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando