• Lunes, 20 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda salienta a importancia das empresas do sector pesqueiro para a economía galega

Rueda salienta a importancia das empresas do sector pesqueiro para a economía galega

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 21:45

Transmite a súa noraba a José Enrique Pereira, elixido candidato de Galicia para os galardóns nacionais da gala

Valora o labor do sector pesqueiro como principal responsable de que Galicia teña un produto de mar de tanta calidade

Destaca o papel do tecido empresarial galego como xerador de emprego e riqueza

Vigo, 25 de xaneiro de 2024O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia das empresas do sector pesqueiro galego para a economía da nosa comunidade.Fíxoo na gala da XXVII edición do Premio Emprendedor do Ano de Galicia e Asturias, na que José Enrique Pereira, presidente da empresa Grupo Pereira, foi proclamado gañador e candidato para a edición nacional destes premios. Trátase dunha empresa familiar do sector pesqueiro que naceu fai case setenta anos en Vigo e que hoxe en día leva a cabo o seu labor en sete países distintos. O presidente do goberno galego entregou o galardón a José Enrique Pereira, e na súa intervención quixo encomiar o seu labor á fronte do Grupo Pereira. Unha compañía que, para o presidente, “representa o mellor que temos en Galicia, que son as empresas familiares, que son as que sustentan todo o tecido económico”.Ademais, Rueda quixo valorar o labor de todo o sector pesqueiro galego, facendo fincapé na importancia de saber apreciar a calidade dos produtos de mar que se gozan en Galicia. O presidente do executivo autonómico agradeceu a todos os traballadores da cadea–mar industria a súa dedicación e esforzo, salientando que “son parte importante da nosa identidade: Marca Galicia da boa”.Por último, Rueda destacou tamén a importancia de empresarios como José Enrique Pereira para a economía como xeradora de emprego, destacando o seu compromiso sostible, “xa que se chegastes ata aquí é porque sabedes que o medio hai que respectalo”. Ao mesmo tempo, reiterou o apoio da Xunta a toda iniciativa privada que busque un emprendemento que xere riqueza para Galicia. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar