• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda pon en valor o sector vitivinícola como garante do progreso económico de Galicia e do desenvolvemento das potencialidades do rural

Rueda pon en valor o sector vitivinícola como garante do progreso económico de Galicia e do desenvolvemento das potencialidades do rural

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 13:20

Salienta que un terzo das peticións para os fondos europeos dentro da orientación produtiva agrícola son para viñedos: “Estamos diante dun sector cargado de futuro”

Confirma a aposta da Xunta pola viticultura e destaca a calidade dos produtos presentados ao concurso: “Todos saímos gañando e todos sodes gañadores porque Galicia etiqueta calidade”

A Xunta presenta un portal dixital para a comercialización dos produtos galegos de calidade

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe o sector vitivinícola como garante do progreso económico de Galicia e do desenvolvemento das potencialidades do rural.O titular do Goberno galego presidiu hoxe a entrega dos premios da XXXIV Cata de viños de Galicia, XXIV Cata de augardentes de Galicia e XI Cata de licores tradicionais en Boqueixón, un evento que a Xunta organiza da man das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas e no que estivo acompañado, entre outros, polo conselleiro do Medio Rural, José González, e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro.No acto, Alfonso Rueda subliñou o apoio da Xunta ao sector vitivinícola galego “porque somos conscientes da transcendencia que ten na nosa economía e na imaxe que reflicte de Galicia”. Indicou que non só forma parte da cultura propia senón que é tamén clave no desenvolvemento económico e social da Comunidade, na súa proxección turística e na súa capacidade para xerar emprego e para fixar poboación no rural. Integrado por máis de 10.000 viticultores e preto de 500 adegas que achegan un valor económico de máis de 230 millóns de euros cada ano, as expectativas do sector non deixan de medrar. De feito, o presidente da Xunta salientou que un terzo das peticións para fondos europeos dentro da orientación produtiva agrícola son para viñedos. “Estamos diante dun sector cargado de futuro”, indicou o titular do Goberno galego.Un sector polo que aposta a Xunta con iniciativas como a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que traballa para manter os estándares de calidade dos viños, impulsar a súa internacionalización e innovar para afrontar retos como a remuda xeracional e o cambio climático. A maiores, a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia desenvolve tamén actuacións en beneficio do sector como a ordenación do rural, a diminución do parcelamento ou as oportunidades de emprendemento. Alfonso Rueda destacou a calidade dos produtos presentados ao certame e puxo en valor as catas como escaparate da viticultura galega. “Todos saímos gañando e todos sodes gañadores porque Galicia etiqueta calidade”, dixo o presidente da Xunta. No marco do acto, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presentou o mercado dixital dos produtos galegos de calidade, un portal no que estas producións se poden vender e mercar, garantindo as mellores prácticas e promocionando un consumo de proximidade e de calidade. Así, a través do portal dedicado ás 36 experiencias de calidade galegas (https://experienciasdecalidade.gal/gl) pódense comprar xa –dende calquera punto de España– os viños, augardentes, licores tradicionais, queixos e meles premiados nas Catas de Galicia 2021, aínda que de xeito paulatino se irán incluíndo tamén o resto de produtos con distintivo de calidade. Unha forma de valorizar, promocionar e recoñecer a excelencia das experiencias de calidade que nacen en Galicia, ao tempo que se contribúe á competitividade dos produtores locais, posto que son eles mesmos os que fixan os prezos das súas producións e os que reciben integramente a cantidade que se paga por cada unha. Desta forma, potenciamos o circuíto curto a través dunha plataforma loxística innovadora como é este mercado dixital, elaborado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar