• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda exixe un compromiso real do Goberno central co AVE Vigo-Porto por ser unha "infraestrutura estratéxica" para o desenvolvemento de Galicia e o Norte de Portugal

Rueda exixe un compromiso real do Goberno central co AVE Vigo-Porto por ser unha infraestrutura estratéxica para o desenvolvemento de Galicia e o Norte de Portugal

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 22:52

Reclama ao Executivo de España a mesma altura que tivo o luso con esta conexión ferroviaria entre ambas cidades e adianta que así llo pedirá no vindeiro Cumio Ibérico

Advirte que esta infraestrutura non só é “importante” para desenvolvemento de Galicia e o norte de Portugal, senón para todo o noroeste de España

Esta conexión permitiría reducir o tempo da viaxe entre Vigo e Porto das dúas horas e vinte minutos actuais a menos dunha hora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, exixiu hoxe un compromiso real do Goberno central coa alta velocidade Vigo–Porto por tratarse dunha “infraestrutura estratéxica e importante” para o desenvolvemento de Galicia, o norte de Portugal e tamén para todo o noroeste de España, “moi necesitada desta aposta estratéxica”, advertiu sobre esta conexión que permitirá reducir o tempo da viaxe entre as dúas cidades das dúas horas e vinte minutos actuais a menos dunha hora.Rueda fixo esta reclamación durante a súa intervención na xornada Desafíos actuais en infraestruturas transfronteirizas e desenvolvemento económico da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, organizada pola Agrupación europea de cooperación territorial (AECT) de Vigo, onde aplaudiu a decisión do Goberno portugués de poñer data ao inicio das obras de alta velocidade entre Porto e Vigo. “Nunca agradeceremos dabondo en Galicia esta aposta decidida”, enxalzou o presidente da Xunta, quen cualificou a decisión do Goberno luso de apostar pola conexión da alta velocidade cara ao norte como a “máis intelixente”, xa que argumentou que beneficiará non só a moitísimos portugueses, senón a toda Galicia e a todo noroeste de España, “que está moi necesitada desta aposta estratéxica”, da que puxo en valor o que suporá tanto en tráfico de mercadorías, como no “fluxo inmenso de persoas” entre ambos territorios. Ante a concreción de prazos e investimentos do Goberno luso de cara a conexión de alta velocidade entre Porto e Vigo, Rueda reclamou que agora “lle toca xa estar á altura” ao Goberno de España. Por iso, avanzou que a Xunta lle exixirá ao Executivo central que no vindeiro Cumio ibérico –que se vai celebrar este mes– amose un compromiso similar por esta infraestrutura. “Portugal comprometeuse e por tanto España ten que espelirse”, advertiu, ao tempo que se amosou convencido de que “seguro vai ser así”.Durante a súa intervención, o presidente da Xunta puxo en valor a estreita colaboración entre Galicia e o norte de Portugal ao longo dos últimos doce anos, o que permitiu, segundo debullou, “captar 163 millóns de euros de investimento na Eurorrexión para a posta en marcha de 85 proxectos”.Tamén enxalzou o novo Programa operativo de cooperación transfronteiriza (POCTEP) sobre o que adiantou que incrementará a súa dotación nun 11%, “o que supón que contaremos cun 11% máis de oportunidades para aproveitalos“, concluíu para finalizar a súa intervención. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar