• Domingo, 05 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda destaca que os Orzamentos de 2023 recollerán un investimento de 18 M? para impulsar a construción de instalacións deportivas

Rueda destaca que os Orzamentos de 2023 recollerán un investimento de 18 M€ para impulsar a construción de instalacións deportivas

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 03:02

– Anuncia que a Xunta xa está a traballar na posta en marcha da Oficina de Atención ao Deportista Galego de Alto Nivel para reforzar o apoio aos profesionais

– “Grazas por levar a Galicia tan alto e tan lonxe”, manifestou, en recoñecemento aos 106 deportistas e entidades homenaxeados

Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE Santiago de Compostela,5 de outubro de 2022.– O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que os Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2023 recollerán un investimento de 18 millóns de euros para impulsar a construción de instalacións deportivas, de xeito que se sigan promovendo os hábitos de vida saudable entre os galegos, e especialmente entre os máis novos. Na súa intervención no acto de entrega de distincións ao Mérito Deportivo a 106 persoas e entidades, Rueda subliñou que apoiar o deporte nas idades temperás redunda en múltiples beneficios, xa que favorece a actividade física, a adquisición de rutinas beneficiosas para a saúde, estimula a socialización e promove os grandes valores que encarnan os homenaxeados deste ano. Por esa razón, e dentro da mesma aposta pola práctica deportiva, o mandatario autonómico tamén lembrou os 4,3 millóns de euros que o Goberno galego investirá nunha póliza para protexer a actividade escolar e federada dos rapaces participantes no programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos), unha vez que recibiu o visto e prace no Consello da Xunta da pasada semana.Rueda tamén expresou o compromiso cos rapaces que se decanten polo deporte de alta competición. Así, anunciou, a Xunta vén de comezar os traballos para a posta en marcha da Oficina de Atención ao Deportista Galego de Alto Nivel. Logo de distribuír 1.500 enquisas, as respostas colleitadas permitirán identificar cales son as necesidades dos profesionais e as potenciais solucións a adoptar. Segundo lembrou, a Oficina é unha das actuacións prioritarias do Executivo autonómico para prestar servizos de información, orientación e acompañamento aos deportistas tanto nos transcurso da carreira deportiva, como despois. Agradecemento aos distinguidosO presidente tivo palabras de agradecemento para os deportistas e entidades recoñecidas cunhas distincións que o Goberno galego entrega desde 2010 e que agora se retoman, xa que a última edición celebrouse no ano 2018. Rueda eloxiou aos homenaxeados por abrir camiños e transmitir á sociedade que non hai metas imposibles. “Galicia empurraba, corría ou navegaba sempre que o faciades vós; é a mesma Galicia que hoxe vos aplaude”, expresou. Rueda enxalzou a traxectoria dos 106 distinguidos por dar o 100% polo deporte e por representar sempre á comunidade. “Grazas por levar a Galicia tan alto e tan lonxe”, sentenciou.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar