• Sábado, 24 de febrero 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Román Rodríguez comparte con representantes do sector en Culturgal as expectativas para o vindeiro ano e felicítaos polo traballo desenvolvido

Román Rodríguez comparte con representantes do sector en Culturgal as expectativas para o vindeiro ano e felicítaos polo traballo desenvolvido

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 00:55

O conselleiro de Cultura asiste á posta en marcha do estudo ‘Diagnose da industria musical de Galicia’ a cargo da Asociación Galega de Empresas Musicais

O concerto da xira de despedida de Leilía e a presentación do programa expositivo do Museo Centro Gaiás son as principais actividades da axenda da Xunta para hoxe

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu hoxe á presentación da posta e marcha do estudo Diagnose da Industria musical de Galicia, un informe que elaborará a Asociación Galega de Empresas Musicais co apoio da Xunta de Galicia para avaliar o impacto da actividade musical na nosa Comunidade. Así se avanzou marco da 16ª edición de Culturgal, a Feira das Culturas Galegas que se celebra ata mañá no Pazo da Cultura de Pontevedra. O titular de Cultura da Xunta de Galicia puido compartir con representantes do sector as expectativas e novidades da oferta cultural para o vindeiro ano, así como felicitar aos profesionais polo bo traballo feito este 2023. “Temos unha cultura da que nos podemos sentir tremendamente orgullosos e iso, en boa parte, é grazas ao bo facer de todos os profesionais implicados nas industrias culturais”, salientou Román Rodríguez. A Xunta de Galicia repite este ano como principal entidade patrocinadora da feira, coa que tamén colabora mediante a promoción directa dunha trintena de actividades tanto no expositor institucional como noutros espazos do recinto ferial. O concerto da xira de despedida de Leilía, que terá lugar ás 21,00 horas, é a principal actividade da programación prevista na programación do Goberno galego para o día de hoxe. A axenda inclúe propostas como a recreación en realidade virtual do Portomarín asolagado grazas ao proxecto Galiverso, o vello Portomarín, dispoñible durante todo o horario da feira. E tamén pode verse un petisco de Hábitats. Natureza estendida, a nova experiencia sensorial inmersiva que atravesa a diversidade de ecosistemas do planeta, nunha viaxe polos cinco continentes e que abrirá ao público o vindeiro martes no Gaiás.Precisamente, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora–xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, presentan esta mañá no espazo Arte as novidades da programación expositiva do Gaiás e do seu programa de itinerancias. Estiveron acompañados do artista Xosé María Barreiro e os comisarios da súa mostra, Xosé Antón Castro e Pilar Corredoira; do autor do deseño e idea conceptual de Hábitats. Natureza estendida, Carlos Seijo, e tamén o comisario do proxecto Cidades no tempo, Manuel Gago, acompañado dos coordinadores locais das mostras que chegan en 2024 a Pontevedra, Milagros Bará, e a Ourense, José María Eguileta.Tamén as familias que hoxe se achegan a Culturgal gozan dun adianto da programación do Nadal no Gaiás, a través das sesións de xogo Lugh. Territorios luminosos, que enas próximas semanas chegarán á instalación que ambientará o Hall de tirantes do Museo. Ademais da programación da Cidade da Cultura, o expositor da Xunta tamén acolle a performance de Pistacatro Orquestra Malabar#3 en pases ás 12,30, 13,30, 17,30 e 18,30 h.Ao longo da tarde sucederanse, ademais, tres presentacións do CGAC: 3, 2, 1 Artistas en acción (17,00 h), o catálogo da exposición de René Heyvaert e a colaboración permanente coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar