• Viernes, 01 de diciembre 2023
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rivo louva o proxecto de economía social Trasdeza Natur, asesorado no polo de emprendemento de Silleda e que protagonizará un calendario europeo

Rivo louva o proxecto de economía social Trasdeza Natur, asesorado no polo de emprendemento de Silleda e que protagonizará un calendario europeo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:42

A consellería de Promoción do Emprego e igualdade, Elena Rivo, visitou esta empresa silledense no día no que os seus responsables foron fotografados pola Comisión Europea para servir de imaxe a un dos meses do vindeiro ano 2024

Trátase dun calendario temático que busca poñer en valor iniciativas financiadas con fondos Next Generation como esta vinculada ao Polo de Silleda, que produce e comercializa froita e produtos da horta deshidratados con enerxía solar

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Silleda (Pontevedra), 4 de outubro de 2023A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou esta tarde o proxecto de economía social Trasdeza Natur, co gallo de que os seus responsables foron fotografados para servir de imaxe a un dos meses do vindeiro ano 2024 nun calendario temático que elaborará a Comisión Europea con empresas financiadas con fondos Next Generation. A conselleira aproveitou para poñer en valor esta firma asesorada no Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda, que produce froita e produtos da horta para comercializalos deshidratados despois dun proceso de deshidratación solar. Esta empresa precisamente foi unha das que coñeceu a semana pasada o comisario europeo de Emprego e Dereitos Sociais, Nicolas Schmit, na súa visita a este Polo. Desde a súa posta en marcha en xullo do ano pasado, este Polo de emprendemento que presta servizo a 24 concellos leva atendido uns 135 proxectos e realizado 334 sesións de titorización. Actualmente é o único da provincia de Pontevedra pero antes de que remate o ano está previsto inaugurar dous novos no Porriño e en Vilanova de Arousa.Os polos de emprendemento e apoio ao emprego –actualmente hai dez activos no conxunto da Comunidade– perseguen dinamizar o territorio a través da creación de emprego de calidade e do asentamento da poboación. O obxectivo é acadar os 15 centros ao remate do ano.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar