• Miércoles, 06 de diciembre 2023
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

As obras que culminarán a humanización da travesía da OU-154 no Reino, en Piñor, farán necesario un corte de tráfico desde o vindeiro luns

As obras que culminarán a humanización da travesía da OU-154 no Reino, en Piñor, farán necesario un corte de tráfico desde o vindeiro luns

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:17

Esta intervención, que está a piques de finalizar, precisará do peche total da circulación entre os puntos quilométricos 1+550 e 2+025, desde o luns ata o venres

O corte é necesario para acometer un paso de peóns sobreelevado no punto no que o Camiño de Santiago cruza a estrada

A Xunta traballa co obxectivo de ter rematada esta actuación, no seu conxunto, a mediados de outubro, tras a achega dun investimento de preto de 300.000 ?

A 2ª fase dos traballos, actualmente en execución, inclúe a humanización dos tramos, o soterramento das redes aéreas de electricidade, iluminación pública e telecomunicacións ou a disposición de luminarias de tecnoloxía led

Cos traballos actuais completarase a remodelación executada no treito entre os quilómetros 1+741 e 2+025 para protexer a circulación dos peóns e mellorar o firme

As obras que culminarán a humanización da travesía da estrada OU–154 no Reino, no concello de Piñor, farán necesario un corte de tráfico desde o vindeiro luns. Estas intervencións, que están a piques de finalizar, precisarán do peche total da circulación no tramo entre os puntos quilométricos 1+550 e 2+025, desde este luns ata o venres 29 de setembro.Este corte é necesario para acometer un paso de peóns sobreelevado no punto no que o Camiño de Santiago cruza a estrada.A Xunta traballa co obxectivo de ter rematada esta actuación, no seu conxunto, a mediados do mes de outubro, tras a achega dun investimento de preto de 300.000 ?. Esta segunda fase dos traballos, actualmente en execución, inclúe a humanización dos tramos entre os puntos quilométricos 1+450 e 1+741 e do 2+025 ao 2+235, o soterramento das redes aéreas de electricidade, iluminación pública e telecomunicacións, así como a elevación de beirarrúas.Tamén se contempla a disposición dunha nova rede de alumeado público con luminarias de tecnoloxía led para unha mellora da eficiencia enerxética. Esta intervención completará a remodelación xa executada para protexer a circulación dos peóns e rehabilitar o firme


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y María Ruiz

Ver TRECE