• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

As obras de ampliación da avenida da Deputación no polígono de Sabón, en Arteixo, farán necesarios cortes nocturnos no tráfico a partir deste domingo

As obras de ampliación da avenida da Deputación no polígono de Sabón, en Arteixo, farán necesarios cortes nocturnos no tráfico a partir deste domingo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 16:20

Os cortes débense aos traballos de finalización do estendido da última capa de firme no tronco e nas glorietas da actuación

Iniciaranse este domingo e alongaranse ata o luns 29 de agosto

O peche de circulación será desde as 21:00 horas da noite e reabrirase o tráfico antes das 6:00 horas, a excepción do domingo 21, cando o corte se producirá ás 20:00 horas

Os cortes faranse en tres treitos e estarán debidamente sinalizados

As empresas disporán de contacto coa dirección de obras para buscar unha solución alternativa de acceso, no caso de que precisen acceder con transporte

A Xunta segue avanzando nesta actuación integral, que supón un investimento auto–nómico de máis de 6,3 M? e desdobra os carrís para gañar fluidez no tráfico

As obras de ampliación da capacidade da avenida da Deputación, no polígono industrial de Sabón, no concello de Arteixo, farán necesarios cortes nocturnos no tráfico durante a semana en distintos treitos. Os cortes produciranse co obxectivo de finalizar os traballos de estendido da última capa de firme no tronco e nas glorietas da actuación. Comezarán este domingo e alongaranse ata o luns, 29 de agosto. Os cortes estarán debidamente sinalizados e facilitaranse desvíos por itinerarios alternativos.As restricións iniciaranse ás 21:00 horas da noite e reabrirase o tráfico antes das 6:00 horas do día seguinte, a excepción deste domingo, que comezarán ás 20:00 horas pola lonxitude do treito, que afecta á zona ubicada entre os puntos quilométricos 0+640 e 1+200, entre a glorieta da avenida da Moda e a glorieta da ITV. O luns 22 cortarase o segundo tramo, entre a glorieta da avenida do Embalse e a glorieta da avenida da Moda. Neste caso, manterase o acceso á parcela de Nexus Sabón. O martes cortarase o primeiro tramo, entre a glorieta que enlaza a AC–551 e a AC–552, e a avenida do Embalse. O mércores permanecerá pechado o mesmo treito e iniciaranse os traballos na glorieta da avenida do Embalse. O xoves 25 cortarase o acceso á glorieta da avenida da Moda, desde a glorieta da avenida do Embalse e a glorieta da ITV. Para acceder desde a AC–551 ata a avenida da Deputación será necesario escoller a dirección cara a avenida do Embalse, pero non se poderá continuar no sentido Nexus/Alumán, e no seu lugar haberá que saír ao enlace da glorieta a dous niveis no acceso ao polígono de Sabón e continuar pola estrada AC–552 en sentido Arteixo. Ademais, estará pechado o paso para acceder á avenida da Moda desde a avenida da Prensa. O vial local onde se ubican os centros de transformación e o cementerio tamén estará totalmente cortado.A partir deste xoves iniciaranse os traballos de premarcado e pintado de marcas viais: liñas, cebreados, pasos de peóns e símbolos que provocarán afeccións puntuais ao tráfico.Desde as 6:00 da mañá do venres e ata as 21:00h do domingo o tráfico estará totalmente aberto. O domingo 28 pola noite cortarase o acceso á glorieta da ITV, á altura da entrada ao novo edificio de Zara e na entrada da ITV. Estará tamén cortada a avenida da Deputación desde a intersección coa avenida da Moda. Estes cortes volverán repetirse a noite do luns 29.As empresas disporán de contacto coa dirección de obras para buscar unha solución alternativa de acceso, no caso de que precisen acceder con transporte.A Xunta segue a avanzar nesta actuación, que supón un investimento autonómico de máis de 6,3 millóns de euros.Con esta intervención integral búscase solucionar os problemas de fluidez do tráfico que se xeran nas horas puntas nesa contorna, favorecer os movementos e facer máis cómodos e seguros os desprazamentos das persoas que cada día se achegan ao polígono.O proxecto consiste no desdobramento dos carrís da avenida da Deputación, que pasará a ter 4 carrís en todo o trazado, entre a glorieta elevada de Sabón e a da avenida da Enerxía, onde se atopa a ITV.No primeiro treito, entre a glorieta de Sabón e a avenida do Embalse, acometerase un carril adicional en sentido Coruña, con conexión directa ao ramal de acceso ao nivel inferior da rotonda, o que mellorará os tráficos e a fluidez dos vehículos pesados. Tamén se habilitarán beiravías, beirarrúas e unha zona con aparcadoiro en liña.No segundo tramo, entre as avenidas do Embalse e da Moda, duplicaranse os carrís por cada sentido e dotarase a zona de aparcadoiro en liña e beirarrúa e beiravías. Ademais, executaranse muros de contención para salvar as afeccións coas parcelas existentes.No terceiro treito, entre as avenidas da Moda e da Enerxía, duplicaranse os carrís con separación mediante mediana física, e habilitaranse en ambas marxes, beirarrúas con beiravías de 1 metro de ancho.O mapa de desvíos alternativos pódese consultar nas imaxes Normal 0 21 false false false


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar