• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia acolle 11 exemplares de oso pardo segundo o censo de poboación desta especie realizado na cordilleira Cantábrica

Galicia acolle 11 exemplares de oso pardo segundo o censo de poboación desta especie realizado na cordilleira Cantábrica

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 14:45

Belén do Campo explica que os exemplares se localizaron nas contornas dos Ancares e do Courel

Incide na necesidade de continuar traballando de forma activa e coordinada en favor da coexistencia do oso pardo coas actividades humanas

A estima poboacional revela un resultado de 370 osos pardos na cordilleira cantábrica con 250 exemplares na subpoboación occidental e 120 na oriental

Galicia acolle 11 exemplares de oso pardo segundo os datos do estudo de poboación desta especie realizado na cordilleira Cantábrica, tal e como informou hoxe a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, nunha rolda de prensa xunto cos seus homólogos das comunidades de Asturias, Cantabria e Castela e León.Máis polo miúdo, e logo de agradecer o traballo dos 25 axentes ambientais e do persoal técnico da Dirección Xeral que colaboraron neste estudo, Belén do Campo explicou que os exemplares se localizaron nas contornas dos Ancares e do Courel, o que “confirma a conectividade entre ambas serras, algo que ata o de agora era só unha suposición”.Este censo levouse a cabo por parte das comunidades da cordilleira cantábrica baixo a coordinación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) e co asesoramento do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Universidade Autónoma de Barcelona. De feito, é a primeira ocasión na que se realiza un estudo de xeito simultáneo en toda a área de distribución do oso pardo usando a mesma metodoloxía –técnicas xenómicas e modelos de estima poboacional de captura–recaptura. Así, a recollida de mostras realizouse entre o 1 de setembro e o 15 de decembro de 2020 a través de 239 cuadrículas ? 43 en Galicia: 34 na provincia de Lugo, 4 na de Ourense e 5 no Parque Natural do Invernadeiro– ao longo dunha superficie total de 16.700 km2 –1.261 km2 na nosa Comunidade–. No que respecta aos quilómetros recorridos nos transectos de censo dentro da área de mostraxe, acadáronse os 7.606 km, dos que 317 km corresponden a territorio galego.En total recolléronse 1.288 mostras –936 excrementos e 352 mostras de pelo–, das que 6 se localizaron en Galicia. E, a partir dos xenomas obtidos e aplicando os modelos de captura–recaptura, o resultado da estima poboacional de oso pardo cantábrico alcanza unha estimación de 370 exemplares, dos que 11 se localizan en Galicia; 31, en Cantabria; 131, en Asturias, e 197, en Castela e León.Polo tanto, a estima poboacional desta especie revela un resultado de 370 osos pardos na cordilleira cantábrica con 250 exemplares na subpoboación occidental e 120 na oriental. Isto supón a consolidación na zona oeste permitindo a súa expansión cara ás provincias de Lugo e Ourense. Á vista destes resultados, a directora xeral incidiu na necesidade de continuar traballando de forma activa e coordinada en favor da coexistencia do oso pardo coas actividades humanas mediante a adecuada compensación dos danos ocasionados por esta especie no sector agrogandeira, especialmente nas actividades apícolas.Nesa liña, Do Campo lembrou que o Goberno galego convocou o pasado mes de decembro as axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo ao sector agrogandeiro entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2023 por un importe de 60.000 euros. Esta é a terceira vez que se convoca esta liña de axudas e dá continuidade ás de 2021 e 2022, que se pecharon coa concesión dun total de 42 axudas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar