• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Fernández-Tapias destaca na noite das telecomunicacións os beneficios sociais que aporta o sector TIC autonómico

Fernández-Tapias destaca na noite das telecomunicacións os beneficios sociais que aporta o sector TIC autonómico

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 23:00

A delegada territorial da Xunta participou este venres no evento anual dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2022

Destacou a Estratexia Galicia Digital 2030, cun investimento público de máis de 2.450 millóns

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández–Tapias, destacou este venres durante o evento anual da Noite das Telecomunicacións os beneficios sociais que aporta o sector TIC autonómico. No acto, celebrado no Hotel Attica 21, participaron arredor de 250 persoas, principalmente enxeñeiros de telecomunicación asociados, organizacións, profesionais e empresas do ámbito TIC.Fernández–Tapias participou no gala organizada polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, cuxo lema este ano foi “Dixitalización sen fronteiras sociais”. A representante autonómica salientou tamén a Estratexia Galicia Digital 2030, posta en marcha pola Xunta cun investimento público de máis de 2.450 millóns, incluíndo os novos instrumentos de financiamento da Unión Europea.“En 2010, a porcentaxe de fogares de Galicia que contaban con acceso a internet era de menos do 49%. En 2020 eran xa máis do 90 por cento, un crecemento que foi posible grazas aos plans de banda larga da Xunta que estenderon a cobertura de internet especialmente nas zonas do rural”, sinalou a delegada.Durante a tradicional gala, o colectivo dos telecos galegos entregou os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2022, que recoñecen a cinco persoeiros ou entidades que destacan en diferentes ámbitos relacionados co eido TIC na comunidade autónoma. Os premiados este ano foron Ricardo Fernández Fernández, como Enxeñeiro do ano 2022; o Proxecto Smilink, de Damián Vázquez Lavandeira, co Premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais; Dinahosting, co Premio Axians á Entidade Galega que aposta polo desenvolvemento de Infraestruturas Intelixentes de Telecomunicacións; o Proxecto Aldeas Intelixentes de Agader, da Consellería do Medio Rural dá Xunta de Galicia, co Premio Vantage Towers ao Mellor Proxecto TIC para a sustentabilidade e o coidado da Terra; e Javier Rey Domínguez como Premio ao Mellor Expediente académico do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo curso 2021/202. Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar