• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Diego Calvo pon en valor o compromiso da Xunta co fomento do deporte do motor mediante a colaboración en eventos como o rally de Ferrol

Diego Calvo pon en valor o compromiso da Xunta co fomento do deporte do motor mediante a colaboración en eventos como o rally de Ferrol

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:15

O vicepresidente segundo da Xunta participou esta mañá na presentación da 53ª edición da competición organizada pola Escudaría Automobilística Ferrol que se celebrará o venres e o sábado da próxima semana

Destacou que esta proba de relevancia nacional sitúa a comarca ferrolá como destino idóneo para acoller eventos deportivos de primeiro nivel

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, na presentación do Rally de Ferrol, a cuarta proba da Copa de España de Rallys de Asfalto (CERA) que celebrará o venres 19 de agosto e o sábado 20 a súa 53ª edición. Esta proba consolidada a nivel nacional e organizada pola Escudaría Automobilística Ferrol conta cunha distancia total de 378 quilómetros, dos que 117 corresponden a tramos cronometrados. Neste percorrido, os pilotos participantes terán que demostrar a súa destreza atravesando as paisaxes e lugares emblemáticos dos concellos de Ferrol, Monfero, Irixoa, As Somozas e San Sadurniño. Entre os pilotos participantes estarán Iván Ares –que gañou a edición do ano pasado e as de 2017 e 2015– e Javier Pardo Siota, ambos presentes no acto de hoxe. A Xunta colabora na organización deste evento tendo en conta que, como sinalou o vicepresidente segundo, Galicia ten un peso relevante no automobilismo español con varias probas como este rally de Ferrol no calendario da Real Federación Española de Automobilismo. Por iso, o Goberno galego mantén o seu compromiso con esta competición, así como no fomento do deporte de motor en xeral a través de distintas liñas de axudas. O Goberno galego incide na capacidade da carreira para axudar a transmitir os valores do deporte do motor e, ao mesmo tempo, situar Ferrol como destino idóneo para acoller eventos deportivos de primeiro nivel que contribúen á dinamización económica nas zonas que se celebran. Ademais, o rally de Ferrol constitúe un escaparate perfecto para a promoción turística da comarca ferrolá e, en xeral, de Galicia como destino turístico. Nesta liña, Diego Calvo apuntou que o rally de Ferrol “sempre foi moi valorado e nesta edición contribuirá a incrementar aínda máis a afección ao mundo do motor na cidade e na comarca ferrolá”.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar