• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Diego Calvo invita os madrileños a camiñar a Galicia na recta final deste Xacobeo 21-22

Diego Calvo invita os madrileños a camiñar a Galicia na recta final deste Xacobeo 21-22

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 21:30

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou xunto co director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, na presentación do libro ‘El puerto de La Coruña en el Camino Inglés a Santiago de Compostela’, de Alfonso García López

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Madrid, 29 de novembro de 2022O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, animou hoxe os madrileños desde a Casa de Galicia en Madrid a camiñar á comunidade galega na recta final deste Xacobeo 21–22 e tamén nos próximos anos para seguir mantendo récord de peregrinos coma neste 2022, no que xa se superan os 434.000. Así o destacou no acto de presentación do libro El puerto de La Coruña en el Camino Inglés a Santiago de Compostela, do autor Alfonso García López, no que estivo acompañado polo director da Casa de Galicia, Juan Serrano. Na súa intervención destacou que o Camiño Inglés foi unha das rutas xacobeas que máis medrou nos últimos anos situándose como o cuarto itinerario máis escollido, só por detrás do Francés –que concentra máis da metade dos peregrinos– e do Portugués e a súa variante pola costa. En concreto, no que vai de ano case 24.000 persoas fixeron esta ruta con saída desde A Coruña ou Ferrol. a importancia que tiveron entre os séculos XI e XVI as peregrinacións marítimas a Santiago de Compostela desde os países do norte de Europa e o impulso que supuxo para o porto da Coruña en tránsito de pasaxeiros e movemento de mercadorías. Diego Calvo tamén puxo en valor o traballo da Casa de Galicia en Madrid, que acolleu esta presentación, polo gran labor que realiza na capital de España como centro que reúne todo tipo de actividades culturais e diferentes encontros entre entidades galegas con sede en Madrid, servindo de enlace para afianzar a relación entre ambas comunidades a nivel económico ou social.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar