• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

SANIDAD

Os pacientes do Hospital da Costa esperan 38 días por unha operación

Dende o SERGAS destacan que rebaixaron a espera media aínda co Hospital en obras

Hospital Público da Mariña

Cope de la Costa

SERGASCope de la Costa

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 17:12

O Hospital da Mariña atende nunha media de seis días aos pacientes máis graves, os de prioridade 1, e reduciu a espera media para unha intervención cirúrxica ata os 38 días. Estos datos supoñen que o Hospital da Mariña logrou manter e consolidar os bos datos de actividade dos últimos anos ao tempo que se atopaba inmerso nas obras de reforma e ampliación que está a levar a cabo o SERGAS, e nas que se están a investir máis de 14 millóns de euros. O Hospital da Mariña consolida así a súa senda de mellora da atención ao paciente e de incremento da calidade asistencial.

O Servizo Galego de Saúde mantén o seu compromiso de centrar a atención no paciente, garantindo a atención prioritaria ás patoloxías máis graves (prioridade 1) en menos de 30 días. No caso do Hospital da Mariña, o tempo medio de espera cirúrxica para pacientes que presentan patoloxías de prioridade 1 situouse neste primeiro semestre do ano en 6 días, a espera mínima necesaria para a realización das probas necesarias, establecemento dun diagnóstico e programación da intervención.

Ao finalizar o mes de xuño deste ano, os datos de actividade e demora do Hopsital da Mariña constatan que o centro seguiu a mellorar ou consolidar os tempos de atención, tanto en consultas externas, como en intervencións cirúrxicas.

A 30 de xuño, o Hospital da Mariña rexistrou o tempo de espera para unha intervención cirúrxica máis baixo dos últimos anos, cunha demora media de 38,5 días, o que supón unha redución de 2 días respecto ao mesmo período do ano anterior. Todo elo ao tempo que reduciu o número de pacientes en lista de espera para unha intervención, froito do aumento de actividade nesta área hospitalaria. Ademais, o 98% dos pacientes do Hospital da Mariña son operados nun prazo de tempo que oscila entre os 0 e 3 meses, e o 100% antes de catro meses trala indicación da intervención.

Nestes seis primeiros meses do ano, os especialistas do Hospital da Mariña levan feitas xa 2.980 intervencións (96 máis que no mesmo período de 2018, nas que se realizaron 2.884 operacións cirúrxicas). Das 2.980 operacións realizadas nos quirófanos deste centro, 2.561 estaban programadas e o resto, 419, foron urxentes. Ademais, das 2.980 operacións, 1.684 eran ambulatorias, é dicir, que non precisaron o ingreso do paciente, unha cifra cada vez maior grazas ao gran avance das técnicas cirúrxicas experimentado nos últimos anos.

No que se refire á demora para consultas de especialidades, a finais deste mes de xuño os pacientes da área de referencia do Hospital da Mariña agardaban unha media de 34 días para unha primeira consulta, cifra que se mantén estable respecto ao mesmo semestre de 2018. Ao longo destes seis meses, os especialistas do Hospital da Mariña atenderon un total de 58.661 consultas externas, das que 15.674 eran primeiras consultas o resto consultas sucesivas ou revisións.

Probas diagnósticas e outra actividade 

No que atinxe a probas diagnósticas, o tempo medio de espera foi neste primeiro semestre de 43,7 días. Neste tempo, no Hospital da Mariña realizáronse xa 23.615 probas de radiodiagnóstico convencional, 3.293 TACs e 8.619 ecografías (346 máis que no mesmo semestre de 2018). Un dos incrementos máis salientables foi a realización de probas de Resonancia Magnética Nuclear, pois neste semestre fixéronse xa 2.238 RM, fronte ás 1.667 do mesmo período do ano pasado, o que supón 571 máis.

Outra actividade significativa foi a levada a cabo no Servizo de Urxencias do Hospital da Mariña, que ao longo destes seis meses atendeu xa 11.386 urxencias, das que un 16,3% precisaron o ingreso do paciente no hospital tras ser atendido neste servizo, o que dá mostra da capacidade de resolución deste servizo hospitalario. Neste semestre, os profesionais deste servizo atenderon unha media de 63 urxencias cada día.

O Hospital da Mariña contabilizou tamén neste semestre 2.800 ingresos, dos que 941 estaban programados, e o resto, 1.859 non programados ou urxentes. A estadía media de cada paciente neste hospital foi de 6,3 días e a porcentaxe de ocupación do centro foi do 77%.

Vías rápidas sen espera 

O Hospital da Mariña é un dos hospitais galegos con maior número de vías rápidas implantadas, cun total de seis, para a detección precoz de cancros de mama, colorrectal, pulmón, próstata, melanoma e otorrinolaringolóxico. Estas vías rápidas carecen de espera para consultas, o que supón que os pacientes con patoloxías sospeitosas de cancro entran nun circuíto asistencial especial, máis áxil, que lles garante unha espera mínima.

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

A xerente executiva da área norte, María José Cortés Canay, destaca que os indicadores de actividade e demora obtidos neste primeiro semestre do ano seguen a consolidar os bos resultados de actividade acadados nos últimos anos, pero sobre todo, “son un reflexo do gran traballo dos profesionais que foron capaces de conxugar e manter o nivel de actividade, coa realización dunhas grandes obras de ampliación e reforma que, en moitas ocasións, supoñen molestias para os pacientes e para os propios traballadores, pero que buscan mellorar significativamente o hospital e a gran atención que nel se presta”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar