• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

BARREIROS

A depuradora de Celeiro de Mariñaos por fin rematada

Xa está en probas a EDAR que mellorará a calidade e cantidade de auga, pasando dunha capacidade de 900 a 2.000 metros cúbicos 

Visita a la depuradora de Celeiro de Mariñaos

Cedida

Cope de la Costa

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 10:38

O alcalde, Alfonso Fuente, visitou  as obras da depuradora de Celeiro de Mariñaos, que entrará en funcionamento en breve. O investimento realizado ascende a 1 millón de euros.

O rexedor contou que “visitei as obras da depuradora, da Etap, en Celeiro de Mariñaos para ver como ían. Esperamos que nuns días poidan estar rematadas xa totalmente esas obras, para poder poñer xa en funcionamento a nova depuradora e evitar así o que viña pasando, que cando o río baixaba revolto, por choivas ou por obras no cauce, iso ocasionaba que a auga saíse con turbidez”.

Alfonso Fuente engadiu que “para eliminar todo isto, unha vez se poña en marcha esta nova depuradora, iso xa quedará solucionado. Así mesmo amplía a capacidade de produción de auga potable, e tamén se aumentou o depósito de cabeceira. Tiñamos un depósito de 900 metros cúbicos e agora xa contamos cun depósito de 2.000 metros cúbicos”.

O alcalde lembrou que “o investimento está en torno a 1 millón de euros, que creo que nos vai dar moita mellora en toda a rede de abastecemento de auga do noso concello”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar