Os populares de Lugo esíxenlle ao alcalde "honestidade, integridade e implicación seria e real" na mellora das instalacións da Protectora de Animais

A voceira da oposición, Elena Candia, lembroulle ao rexedor da cidade, o socialista Miguel Fernández, que esta actuación é "unha competecia municipal", polo que lle pide "que non zorree" coa tramitación da licenza

Elena Candia é a voceira dos populares no Concello de Lugo
00:00
Partido Popular de Lugo

Elena Candia é a voceira dos populares no Concello de Lugo

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Tras coñecerse que Concello e Deputación de Lugo van investir na mellora das actuais instalacións da Protectora de Animais, o grupo municipal do Partido Popular esíxelle ao alcalde, o socialista Miguel Fernández, que actúe con "honestidade, axilidade e implicación seria e real", agora que "está todo o traballo feito", polo que lle pide "que non zorree" coa tramitación da licenza.

A voceira dos populares, Elena Candia, lembrou que esta actuación é "unha competecia municipal" e atribuiu este paso dado á "presión da veciñanza" que "foi clave".

"Cando imos unidos, as cousas saen", recalcou.

CONCELLO EN CONTRA "ATA EN CATRO OCASIÓNS"

Candia lembrou como "ata en catro ocasións, Miguel Fernández votou en contra de intervir de forma urxente nas actuais instalacións" indicando que "negouse a asignar os máis de 700.000 euros dos hortos ecolóxicos" reservados nos orzamentos de 2024 para esta actuación.

"Agora non hai nin cartos, nin hortos nin mellora da protectora", lamentou.

OS ANIMAIS "MORTOS" ANTES QUE OS "VIVOS"

A voceira popular afeou tamén o posicionamento deste tema do tenente de alcalde, o nacionalista Rubén Arroxo

"Non quero hoxe esquecer o apoio que lle deu o BNG na Deputación á iniciativa que presentamos a prol de intervir de forma urxente nas actuais instalacións, algo que non sucedeu no Concello coa proposición que defendemos con ese mesmo contido", lembrou Candia.

"Está claro que en canto o señor Arroxo ten que elixir entre compromisos e principios ou sillón, sempre elixe o sillón", indicou a voceira popular. 

"Arroxo votou en contra de mellorar as instalacións e preferiu preocuparse máis dos animais unha vez mortos que vivos. Preferiu investir no cemiterio de mascotas en lugar de mellorar as instalacións da protectora", engadiu Candia.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 6 MAY 2025 | BOLETÍN