La Vuelta pasará por Lugo o 7 de setembro

Será unha etapa dura, con dous portos de montaña e 170 kilómetros de percorrido por nove concellos da Montaña e a Ribeira Sacra

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

O director de La Vuelta a España, Javier Guillén, e o presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, presentaron a etapa número 15 desta proba ciclista, que percorrerá nove concellos da nosa provincia -A Fonsagrada, Baleira, Castroverde, O Corgo, Láncara, Sarria, O Incio e Bóveda-, coa cidade do Cabe como meta. A Montaña e a Ribeira Sacra serán polo tanto protagonistas desta competición deportiva que conta unha achega de 100.000 euros da institución provincial.

Que Monforte volva a ser final de etapa nun evento do prestixio de La Vuelta non é casualidade. É o resultado dunha aposta firme e sostida da Deputación de Lugo polo deporte como motor de promoción territorial e desenvolvemento económico”, sinalou José Tomé. O presidente da institución provincial puxo en valor que “a través do patrocinio que vimos mantendo nos últimos anos, conseguimos que Lugo sexa un escenario habitual desta proba tan seguida en todo o mundo”.

Tomé Roca destacou que a etapa lucense será longa e esixente. Discorrerá por paisaxes espectaculares da Montaña lucense e da comarca de Sarria antes de rematar aquí, en Monforte. Un percorrido que non só poñerá a proba a resistencia dos ciclistas, senón que tamén amosará ao mundo a beleza e a diversidade da nosa provincia”.

Consello Regulador

La Vuelta pasará polos impresionantes paisaxes da Ribeira Sacra

estratexia de promoción

Explicou que o impacto de La Vuelta “vai moito máis alá do deportivo”. Lembrou, nese sentido, que é unha proba que “mobiliza a máis de 3.000 persoas, entre organización, equipos e medios”.

Só en impacto económico directo estimado, segundo os informes técnicos, a etapa pode supoñer máis de 1,9 millóns de euros para a provincia, e un retorno total superior aos 3 millóns. E isto sen contar o incalculable valor promocional de máis de tres horas de retransmisión televisiva en 190 países, cunha audiencia global de arredor de 400 millóns de persoas”, precisou.

Un escaparate no que ver “as nosas montañas, os nosos ríos, os nosos vales e monumentos. Vese a nosa identidade, a nosa cultura, a nosa forma de vivir. Vese a provincia de Lugo como destino turístico sostible, de calidade, respectuoso co medio ambiente e cheo de experiencias auténticas”, insistiu.

Cordon Press

Primoz Roglic, gañador de La Vuelta a España.

 Unha etapa dura  

Pola súa banda, Javier Guillén salientou que “a etapa 15 é un 7 de setembro, cae en domingo, algo moi importante para o seguimento in situ ou popular que poida ter. É unha etapa que chega nun fin de semana moi cargado de montaña, precédenos Asturias, o venres co Angliru, cunha etapa de sábado coa Farrapona. Logo chega unha etapa como esta, con dous portos de montaña desde o seu inicio, 170 quilómetros nos que non hai un só metro chan”.

Pódese pensar que é unha etapa para os sprinters, pero coa carga de cansazo e co terreo que temos será unha etapa emocionante e aposto que ganará un grupo reducido de corredores, precisou.

Temas relacionados