Socialistas e nacionalistas seguen a avanzar no seu "proxecto común" para Lugo
Os dous socios de goberno celebraron unha comisión de seguimento co obxectivo de avaliar o traballo realizado nos últimos meses e seguir impulsando a súa folla de ruta compartida para o seu modelo de cidade

Rubén Arroxo, tenente de alcalde do Concello de Lugo, valora a "boa sintonía" entre socialistas e nacionalistas como socios de goberno
Lugo - Publicado el
1 min lectura
Os dous socios de goberno do Concello de Lugo mantiveron este luns unha comisión de seguimento co obxectivo de avaliar o traballo realizado nos últimos meses e avanzar na "folla de ruta" compartida para a cidade.
Durante o encontro, socialistas e nacionalistas puxeron en valor "a boa sintonía e a efectiva colaboración", destacando a importancia de continuar impulsando "un modelo de cidade cohesionada, centrada nas persoas e con capacidade para acompañar os proxectos vitais e laborais da veciñanza".
"TRABALLO CONXUNTO" E "ESTRATEXIA COMPARTIDA"
Este tipo de reunións periódicas forman parte da dinámica interna do goberno local e teñen como finalidade "consolidar un traballo conxunto, tanto a nivel territorial como social, cunha visión estratéxica compartida", sinalaron.
O seguimento da acción de goberno complétase a través doutras ferramentas propias do funcionamento da institución, como as Xuntas de Goberno Local semanais nas que están representadas tanto o Partido Socialista (PSdeG) como o Bloque Nacionalista Galego (BNG), que permiten manter unha interlocución constante e unha acción sostida no tempo.