Non é un zoolóxico, pero poderías atopar algún oso pardo neste lugar de Lugo...

A Xunta de Galicia investiu máis de 600.000 euros na mellora das instalacións do Centro de Recuperación da Fauna Silvestre do Veral, que visitou este mércores o presidente Alfonso Rueda

Pixabay

Exemplar de oso pardo

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o Centro de Recuperación da Fauna Silvestre do Veral, sito en Lugo, onde puxo en valor o traballo realizado nas instalacións e onde reafirmou o compromiso do executivo autonómico coa protección da biodiversidade e coa recuperación de especies autóctonas. 

"Forma parte da rede de centros, un por provincia, que amosan que temos profesionais que dedican a súa vida a coidar da fauna que hai en Galicia e que forma parte dos atractivos desta comunidade", indicou.

A RIQUEZA ANIMAL TAMÉN É "GALICIA CALIDADE"

Rueda, que estivo acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, asegurou que "é un orgullo" para todos os galegos contar con este tipo de centros que velan pola conservación e recuperación de especies que son claves para "garantir un medio ambiente sostible e a biodiversidade" e que configuran tamén "esa Galicia Calidade que é a nosa riqueza animal".

O titular do goberno galego destacou que a Xunta investiu máis de 600.000 euros na mellora das instalacións do centro, co obxectivo de avanzar cara a un modelo de recuperación máis eficaz, profesionalizado e adaptado aos retos do presente

Entre as actuacións levadas a cabo, inclúense a incorporación dun novo módulo de recuperación, a instalación dun novo túnel de voo para que as aves recuperadas poidan practicar, e a ampliación da zona acuática con dúas piscinas cubertas, principalmente destinada a aves mariñas peláxicas.

Xunta de Galicia

Alfonso Rueda visitou por primeira vez o Centro de Recuperación da Fauna Silvestre do Veral, sito en Lugo

RECINTO ESPECIALIZADO PARA O OSO PARDO

O xefe do executivo autonómico salientou o papel fundamental deste centro, que conta con instalacións de referencia como o recinto especializado para o oso pardo, preparado para dar resposta a posibles emerxencias desta especie, así como o traballo de recuperación de diferentes especies de aves ou a conservación do mexillón de río, unha das variantes "máis ameazadas de Europa", que se cría e investiga en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Temas relacionados