Gran éxito na II Feira de Emprendemento Infantil de Lugo: un espazo para o talento e a creatividade das novas xeracións
A Praza de Abastos de Lugo converteuse no escenario perfecto para a II Feira de Emprendemento Infantil, un evento que reuniu a máis de 60 nenos e nenas de diversos colexios de Lugo para mostrar os seus produtos e demostrar o seu espírito emprendedor
Lugo - Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Esta iniciativa, impulsada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, contou co apoio das familias e ofrecéulles aos pequenos a oportunidade de aprender os principios do comercio e da economía dun xeito práctico e divertido.
Gran éxito na II Feira de Empredemento Infantil de Lugo: un espazo para o talento e a creatividade das novas xeracións
A Praza de Abastos de Lugo foi testemuña do gran éxito da II Feira de Empredemento Infantil, celebrada onte no corazón da cidade. Ramón García, organizador do evento e impulsor deste proxecto dende Bulideira Escola de Tempo Libre de Lugo e Barafunda Animación de Vigo, expresaba a súa satisfacción polo grande éxito de participación de nenos e nenas, así como das súas familias. "Este é un proxecto que nos enche de orgullo, porque non só estamos fomentando a creatividade dos máis pequenos, senón tamén a súa capacidade para emprender e gañarse a vida no futuro", destacou.
Nesta edición, a colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia foi un factor clave, o que permitiu dar un impulso aínda maior a esta iniciativa que, segundo García, "podería ser perfectamente exportable a toda a comunidade galega".
Un espazo único para un evento único
Os baixos da Praza de Abastos de Lugo foron o escenario elixido para esta cita, que se converteu nun verdadeiro escaparate do talento infantil. Un espazo amplo, ben acondicionado e climatizado, no que se respiraba un ambiente de entusiasmo e colaboración. Os viandantes que se achegaron á feira sorprenderonse coas propostas que os pequenos emprendedores tiñan preparadas. "Foi unha xornada de gran éxito, tanto para os que participaron como para os que pasaron por alí a descubrir as marabillas que fixeron os nenos", comentaba García.
Elana Candia xogando á ruleta da sorte
Os produtos que ofrecían os nenos eran orixinais, feitos á man con moita ilusión e creatividade, e todos teñen algo en común: o seu prezo asequible, cun custo máximo de 2 euros. "A idea era que todo o mundo puidese levar algo a casa sen gastar moito, e ao mesmo tempo, apoiasen os nosos pequenos emprendedores", indicaba Ramón García.
Apoyo institucional e a participación do público
Ramón Arias, o delegado da Xunta, repartindo diplomas
A xornada contou coa presenza de diversas autoridades locais que quixeran achegarse ao evento para saudar aos participantes e animar a iniciativa. Entre eles, estiveron o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias; a voceira do PP na cidade, Elena Candia; a concelleira socialista Ana Abelleira e o propio alcalde, Miguel Fernández. Todos eles se mostraron impresionados pola creatividade dos pequenos e mesmo participaron en algúns xogos que os nenos lles propuxeron.
O alcalde, Miguel, e a concelleira Ana "picaron" nos diferentes postos
Un balance máis que positivo
O balance da II Feira de Emprendemento Infantil foi moi positivo. A súa organización e o espírito de colaboración entre nenos, pais e autoridades non só demostran a forza do evento senón tamén o potencial de continuar crecendo nas próximas edicións. De feito, a terceira edición xa é moi esperada tanto polos nenos como polas familias que desexan volver participar.
“Estamos moi contentos co éxito desta edición e xa pensamos na terceira. O entusiasmo dos nenos e pais é tan grande que non podemos deixar de apostar por este tipo de iniciativas”, concluíu García.
A II Feira de Emprendemento Infantil foi unha verdadeira festa da creatividade e do espírito emprendedor. Un evento que non só visibiliza as capacidades dos máis pequenos senón que tamén pon en valor o comercio local e a importancia de apoiar as novas xeracións no seu camiño cara ao futuro.