Os confrades de Lugo aproban cunha nota "moi positiva" unha Semana Santa marcada polo mal tempo

O presidente da Xunta de Confrarías, Ramón Basanta, asegurou que malia o "sabor agridoce" causado polas condicións meteorolóxicas, procesións como a do Santo Encontro foron "moi brillantes e con moita participación"

Baruk DomínguezCarmen Hermida

Lugo - Publicado el

1 min lectura

Unha valoración "moi positiva" a pesar do "sabor agridoce" provocado polo mal tempo. Esas foron as palabras do presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo cando lle preguntamos polos días grandes que preceden á Pascua.

"Media Semana Santa puidemos sacar todas as procesións e media Semana Santa non foi posible", sinalou Ramón Basanta.

PROCESIÓNS "ATIBORRADAS DE XENTE"

Con todo, "as que tivemos nas rúas e na catedral estiveron atiborradas de xente", destacou o máximo responsable dos confrades lucenses.

Algunhas delas, de feito, foron "moi brillantes e con moita participación", como foi o caso do Santo Encontro do Domingo de Pascua de Resurrección, no que "nunca houbera tanta xente como este ano", ou os actos do pasado Domingo de Ramos, que sempre congregan a unha importante cantidade de fieis. 

Temas relacionados