O Concello non aclara cales son os modelos de contadores da auga que haberá que instalar en Lugo e o prazo remata en outubro
O Partido Popular dí que "a falta de concreción e de transparencia neste asunto non só xera incerteza nos veciños senón que provoca sospeitas de como se está a tramitar"

A concelleira Silvia Colmenero expresou o descontento do seu grupo coa xestión municipal ao saír do pleno
Lugo - Publicado el
1 min lectura
O pleno extraordinario que se celebrou este martes no Concello de Lugo a petición do Partido Popular sobre os contadores de auga "volveu evidenciar a inacción do bipartito" neste asunto, según explicaron os populares, visiblemente descontentos, ao finalizar esta sesión.
A concelleira Silvia Colmenero explicou que "o PSOE e o BNG votaron en contra da proposta presentada polo Grupo Popular para que o Concello aclarase dunha vez cales son os modelos de contadores que deben instalar os lucenses antes do prazo fixado pola normativa estatal, que remata en outubro".
lembra que, dende o ano 2020 xa se sabía que, por normativa estatal, os contadores de auga con máis de 12 anos tiñan que ser renovados ou verificados antes do 24 de outubro de 2025. Sen embargo, "o único que fixo o bipartito foi improvisar, dar orde e contraorde, desinformar e xerar confusión, tanto entre a veciñanza como entre os profesionais fontaneiros que seguen sen instrucións claras".

Votación no pleno extraordinario do Concello de Lugo
"A pesar do seu voto en contra, hoxe o bipartito viuse obrigado a recoñecer que é o Concello quen debe liderar este proceso, unha rectificación que só chegou pola presión do PP e pola nosa fiscalización constante", dixo Colmenero.
"deberes sen facer"
Os populares concluen que “cando tes os deberes sen facer e a oposición che amosa os erros, o mínimo que se espera é rectificar, poñerse a traballar e pedir desculpas. Iso é o que define a humildade na política: saber recoñecer o erro e avanzar traballando”.
"O PSOE e o BNG teñen a responsabilidade de gobernar, e téñena porque impediron que gobernase quen elixiron maioritariamente os lucenses", remarcou, por lo que "agora tócalles exercer esa responsabilidade con seriedade e rigor, porque Lugo non pode seguir pagando a súa improvisación e a súa falta de xestión".



