Comeza a tempada da rapa das bestas en Galicia

Arranca o vindeiro 29 de xuño coa celebración da Rapa das Bestas do Campo do Oso de Mondoñedo, que este ano se realizará nun curro novo financiado pola Deputación

Rapa das Bestas
00:00
Ramudo

O deputado provincial da área de Rural, Daniel García, visitou o novo curro do Campo do Oso, financiado con 10.000 euros pola Deputación de Lugo

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura0:44 min escucha

A temporada de rapas en Galiza abrirase o vindeiro 29 de xuño coa celebración da Rapa das Bestas do Campo do Oso, no concello lucense de Mondoñedo, que este ano se realizará nun curro novo.

O deputado provincial da área de Rural, Daniel García, acompañado polas gandeiras e gandeiros que organizan a rapa e polo concelleiro de Mondoñedo Eloi Cabanas, visitaron o recinto construído pola Asociación Cultural Rapa das Bestas Campo do Oso, grazas a unha axuda da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achegou 10.000 euros para financiar a nova estructura.

  • Trátase dun recinto de 40 metros lineais de perímetro, realizado con postes de madeira tratada, que substituirá o antigo curro, vandalizado en 2024. Está no emprazamento provisional no que se celebrou a edición do ano pasado.

Daniel García destacou “a tenacidade das gandeiras e gandeiros que impulsan a rapa, mantendo unha tradición que reflicte unha forma de vida e de relación cos animais e co territorio que forma parte do noso patrimonio”.

Daniel García visitou o novo curro, acompañado polos gandeiros da zona

Cedida

Daniel García visitou o novo curro, acompañado polos gandeiros da zona

Nese sentido ratificou o compromiso da área de Vicepresidencia da Deputación de Lugo “coa gandería extensiva, con colaboración específicas coma esta, pero sobre todo con accións e programas como 'O que non arde' ou 'Da Escola á Granxa' e colaboracións estables coas asociacións agrogandeiras

 O programa da Rapa no Campo do Oso  

-. A xornada comezará ás 10.00 horas coa saída dos xinetes para reunir e baixar os cabalos cara ao curro. 

-. Desde ás 12.00 horas, a atención centrarase no propio curro, onde os aloitadores e as aloitadoras medirán as súas forzas cos animais, seguindo unha tradición que se mantivo xeración tras xeración e que ten como obxectivo rapar, identificar e desparasitar os cabalos que se crían en liberdade nos montes de Santa María Maior.

O curro será o centro dunha xornada na que a área de Rural promocionará os produtos de carne de cabalo de Pura Raza Galega co programa 'Un gusto de rural, Un rural degusto', en colaboración coa Asociación de Criadores de Pura Raza de Cabalo Galego -Puraga-. 

La 'Rapa das Betas' siempre deja imágenes curiosas

EFE / Kiko Delgado

A 'Rapa das Betas' sempre deixa imaxes curiosas

-. Desde ás 13.00 horas, o público poderá degustar gratuitamente unha hamburguesa de carne de poldro. 

O programa da rapa inclúe tamén sesión vermú -desde ás 14.00 horas- un xantar popular -desde ás 15.00 horas- e animación musical durante a tarde.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00 H | 06 NOV 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking