• Lunes, 13 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Lugo celebra o Día de Rosalía

Nos colexios de Educación Primaria e Infantil, pero tamén nos institutos de secundaria, lembran hoxe a vida e obra da poetisa nacional de Galicia

Audio

Ramudo

Lugo

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09:09

Lugo celebra este venres o Día de Rosalía de Castro. Por toda a provincia foron programadas por institucións públicas e privadas decenas de actos. Nos colexios de Educación Primaria e Infantil, pero tamén nos institutos de Secundaria, lembran hoxe a vida e obra da poetisa nacional de Galicia, figura clave e indiscutible do Rexurdimento.

Nas aulas haberá lecturas de poemas da autora de "Negra Sombra" e mesmo interpretacións musicais de pezas que foron creadas a partir dos versos de Rosalía.


Ampla programación cultural

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa unha ampla programación cultural coincidindo co Dia de Rosalía de Castro, que se celebra este 23 de febreiro, que este ano coincide co 187 aniversario do nacemento da autora.

A axenda de actividades, na que conflúen a música, as artes plásticas e a palabra, ten como data central este venres, cando se celebra o festival As literatas para Rosalía de Castro, con actuacións de M.J. Pérez, Antía Muíño e Belém Tajes.

Tamén se repartirán láminas conmemorativas desta efeméride nos museos da Rede Museística Provincial de Lugo.

En todo caso, a programación continúa ao longo de todo ano e contempla tamén a realización de murais en homenaxe á poeta nacional nunha decena de espazos públicos da provincia.

A deputada de Cultura, Iria Castro, explicou que "un ano máis promovemos unha ampla programación que convida a achegarse á figura e a obra de Rosalía de Castro desde unha perspectiva actual, reivindicando o seu papel como referente cultural e feminista".

Tamén destacou "a colaboración de distintas institucións, desde os museos provinciais ata a universidade e os centros educativos nas actividades, que comezan o 23 pero que se prolongarán ao longo do ano, contribuíndo a socializar a figura de Rosalía de Castro".


As literatas para Rosalía de Castro

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Belém Tajes, Antía Muíño e M.J. Pérez interpretarán as súas composicións a partir das 19:00 horas na Praza de Santa María -ou na Capela de Santa María, en caso de choiva-.

As actuacións contan contan coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.


Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Noche de Adolfo Arjona

Con Adolfo Arjona

Reproducir
Directo La Noche de Adolfo Arjona

La Noche de Adolfo Arjona

Con Adolfo Arjona

Escuchar