O proxecto 'En Boa Onda' dá voz á mocidade lucense na loita pola igualdade e contra a violencia de xénero
Impulsado pola FAPA Lugo-a Federación de Asociacións de Pais e Nais de centros concertados e privados da provincia- co apoio da Xunta de Galicia, o programa promove a educación en igualdade e o uso responsable das tecnoloxías a través da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo. O alumnado do Colexio San José foi protagonista do primeiro dos programas de radio en COPE Lugo este mes de novembro, coincidindo co 25N, no que contaron coa participación de Sagrario Sánchez, Xefa Territorial de Educación da Xunta de Galicia.
Lugo - Publicado el
1 min lectura