Maite Ferreiro, concelleira de Cultura en Lugo: "Queremos dar a oportunidade ás mulleres para que sexan pregoeiras do San Froilán"

A xornalista Cristina Lombao sexa a pregoeira desta edición das festas, "como recoñecemento a unha das voces máis relevantes da historia da radio en Galicia", mentres que a ofrenda a Rosalía correrá a cargo da música Branca Villares, "unha muller que traballa na recuperación da música tradicional, especialmente de Lugo".