• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Oleiros abre o luns o prazo de inscricións para a Escola Municipal de Golf

Ofértanse 80 prazas para rapaces e rapazas de Oleiros nacidos entre 2005 e 2012. O trámite terá que realizarse a través da sede electrónica. Será en Golf Xaz

Golf Xaz

Golf Xaz

DeportesA Coruña

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 11:28

O vindeiro luns 8 de agosto abre o prazo de inscrición para apuntarse á Escola Municipal de Golf. Ofértanse 80 prazas para rapaces e rapazas de Oleiros nacidos entre 2005 e 2012. O trámite terá que realizarse a través da sede electrónica.

Esta escola deportiva ten por obxectivo iniciar no deporte do golf ao tempo que se inculcan valores propios da disciplina, en particular e do deporte, en xeral. O Concello de Oleiros achegará todo o material necesario para a actividade, que terá un custo mensual de entre 17 e 8 euros, en función das idades. As clases desenvolveranse entre outubro de 2022 e xuño de 2023

O Concello de Oleiros ten interese en divulgar e dar a coñecer a práctica do golf entre a poboación en idade escolar do municipio. Para iso, e grazas a un convenio de colaboración entre o propio Concello de Oleiros e as sociedades que xestionan o campo de golf de Xaz, creouse a Escola Municipal de Golf.



Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar