O "Banquete Pequeno" devolve a celebración á carballeira de Conxo (Santiago)
A previsión de mal tempo obriga a trasladar ao día 29 a programación prevista para este domingo na carballeira. Mantense o Mercado do Libro e da Artesanía na praza Aurelio Aguirre

Tres ensaios foron abondo para que todo o mundo se metiese no papel
Madrid - Publicado el - Actualizado
3 min lectura
A pandemia impuxo unha pausa na conmemoración do Banquete de Conxo, pero este 2022 volven os tres días de celebración, inda que condicionada pola meteoroloxía.
Hoxe venres os encargados de encarnar a fraternidade foron alumnas e alumnos dos colexios Quiroga Palacios e Santa Apolonia e do Instituto Arcebispo Xelmírez II. Guiados pola man de varios membros da compañía Os Quinquilláns, representaron os acontecementos que se viviron a mediados do século XIX na Carballeira de Conxo e tamén noutros puntos da comarca, e que marcaron un fito na historia do galeguismo.
Tanto actores infantiles coma boa parte da rapazada que asistía como público ó acto, pouco ou nada escoitaran falar dos mártires de Carral ou do Banquete que se celebrou anos despois na carballeira de Conxo, ata que se "meteron en fariña" para esta representación.

-
Elsa é alumna de 5º de Primaria do Quiroga Palacios, labrega na posta en escena do Pequeno Banquete, e confesa que "facer a obra foi unha marabilla: fixémola para que a xente saiba que hai tempo houbo quen se esforzou moito para defender a Galiza", explica convencida. Con igual certidume asegura que "de seguro que a Rosalía de Castro lle tería gustado estar no Banqute de Conxo, pero cremos que non estivo... Pondal e outros escritores importantes da época, sí". Ailén e máis Noa son estudantes de secundaria no Xelmírez e estudantes tamén, pero de tapadillo, na obra teatral, porque representan a mulleres que se disfrazaban de rapaz para poder asistir ás aulas: "era o que había!" Que pouso lles queda desta representación a elas? "A igualdade entre mulleres e homes, que non só as mulleres teñen que servir aos homes... senón que tamén eles teñen que servir... as diferencias entre clases" Non semella pouca colleita.

-
"Este teatro non é espectáculo, non é para lucirse... o máis importante é o traballo social e comunicativo que os rapaces e rapazas levan a cabo", explica Lucho Penabade, dos Quinquilláns. El exerce como conductor da historia neste "Pequeno Banquete" que se celebrou por primeira vez en 2019 e que, ainda que co mesmo nome, "vólvese máis grande", asegura. Fixeron tres ensaios coa cativada antes da representación na carballeira e dende o primeiro momento Lucho asegura que percibiu "o entusiasmo entre os participantes con nada que levase, un gorro, un traxe da época, unha frase... Isto é o máis importante"
Como tamén o é que independentemente das capacidades de cada quen, todo o mundo poida disfrutar desta actividade: nun lugar destacado deste escenario natural está Tareixa, a intérprete de signos do Ceip Quiroga Palacios. Entre o público sentado nas toallas polo chan hai una nena con máscara transparente que sigue sen perder nin chío da representación...e a cousa débelle de gustar, polo moito que levanta e move as mans, o aplauso silandeiro das persoas xordas. Un exemplo máis do bo facer neste centro educativo a prol da integración!

O empeoramento do tempo que anuncian as previsións para a fin de semana levou ó concello a aprazar boa parte da programación prevista para este domingo: ese día só se vai manter a Feira do Libro e da Artesanía na Praza Aurelio Aguirre, onde están instaladas varias carpas. Será o vindeiro 29 de maio cando se retomarán as actividades, entre elas, a recreación do Banquete.