Valentín González Formoso (PSOE): "Non se entende que non poda haber unha nova oferta de Medicina na Coruña”

O presidente da Deputación da Coruña defende a importancia de garantir que as e os estudantes de Medicina “podan seguirse formando na pública"

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el - Actualizado

3 min lectura

 O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, sumouse este luns ás voces que demandan a implantación da carreira de Medicina na Universidade da Coruña.

Formoso xustificou esta necesidade na falta de profesionais médicos que sofre actualmente Galicia: “Hai unha demanda da sociedade galega de ampliar a plantillas de médicos que agora mesmo son insuficientes, especialmente no rural e en especialidades como Pediatría, onde o 15% das prazas quedan sen cubrir”, o que propicia que miles de nenos e nenas en Galicia non dispoñan de servizo de pediatría no seu centro de saúde máis próximo.

Déficit de persoal

Neste sentido, destacou que Medicina é “unha carreira vocacional, probablemente a máis vocacional que existe” e lembrou que cada ano hai 3.000 persoas en Galicia que solicitan o acceso á carreira de Medicina e que a Universidade de Santiago oferta unicamente 400 prazas, pero pide máis de 500 prazas MIR cada ano e se estima que un de cada tres médicos se xubilará na próxima década.

IAGO LOPEZ

Presentación Congreso 1985-2025 "40 anos de Bases de Rèxime Local e do control externo local en Galicia"

Se cada ano hai 2.600 estudantes que quedan sen praza e siguen faltando médicos, non se entende que non poda haber unha nova oferta nunha cidade como A Coruña, que ten unha Facultade de Ciencias da Sáude consolidada, que garante unha docencia clínica de alta calidade, e que ten un hospital que está en todos os índices de referencia como o primeiro de Galicia e entre os mellores vinte hospitais de todo o Estado”, afirmou Formoso, que subliñou a importancia de garantir que as e os estudantes de Medicina “podan seguirse formando na pública” e a carreira non quede só reservada para os que que podan permitirse as universidades privadas.

O presidente da Deputación avogou por seguir mantendo “un papel preponderante a Facultade de Medicina de Santiago”, pero preguntouse “por que non unha Facultade de Medicina na Coruña que dé cobertura a esta demanda social, a esas vocacións e que permita que os estudantes de Medicina se sigan formando na pública, que é o que está demandando a UDC?”, preguntouse.

 Murais de Lugrís na Coruña  

Preguntado sobre a ausencia da Deputación da Coruña na reunión da semana pasada entre a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña para abordar a recuperación dos murais de Urbano Lugrís na rúa Olmos da cidade herculina, Formoso lembrou que a institución provincial non estivo por “problemas de axenda”, que ambas partes coñecían previamente.

Formoso aproveitou para subliñar que “eses murais están na cidade da Coruña e pertencen á Xunta de Galicia, e o papel da Deputación, segundo di a Lei de Bases de Réxime Local, é apoiar especialmente aos concellos máis pequenos”

O patrimonio existe en todos os puntos cardinais da provincia da Coruña. Non se trata só de declarar administrativamente os Bens de Interese Cultural, senón de protexelos efectivamente; e nese camiño a Deputación da Coruña leva investido moitos millóns de euros con exemplos tan grandiosos como a recuperación do mosteiro de Caaveiro, a rehabilitación das baterías de costa de Ferrolterra, o dolmen de Dombate, o Pazo de Mariñán ou as Torres do Allo...e non recorremos a ningunha outra administración para facer todo este traballo de recuperación do patrimonio público nos concellos máis pequenos, facémolo co noso propio orzamento, polo que tampouco entendemos que a Deputación teña que ter un papel preponderante na conservación dunha cuestión que é de competencia autonómica”, afirmou Formoso, que indicou que “estamos abertos a calquera tipo de colaboración institucional, polo que asistiremos a próximas reunións, pero facendo esta mesma reflexión”.

Temas relacionados