• Sábado, 20 de julio 2024
  • ABC

COPE

Rodean o edificio dos murais de Urbano Lugrís na Coruña dun mar de cintas azuis

A acción demanda a súa permanencia no local e reclama accións para evitar a súa desaparición

Vídeo

Cintas Azuis na rúa Olmos rodean os murais de Lugrís

Noela Bao
Coordinadora Digital de Galicia

A Coruña

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 14:54

Na rúa Olmos da Coruña, un andamio está cheo de cintas azuis. É o que cobre o antigo restaurante Fornos. Dentro, está o conxunto mural que pintou nas paredes do local o artista Urbano Lugrís.

A Xunta de Galicia comprará esas obras, que están en proceso de declaración como Ben de Interese Cultural, pola súa calidade e contexto artístico. Para garantir a súa conservación, a intención é trasladalas ao Museo de Belas Artes da cidade herculina.

A Asociación O Mural oponse a ese traslado e considera que a obra só ten sentido no lugar no que foi concibida. Pero van máis alá e alertan do risco inminente que corre a pervivencia deste colorido traballo se segue dentro dun edificio que se está a caer a pedazos.




Un mar de cintas azuis

Por iso, estes días realizaron xunto co colectivo In Nave Civitas unha intervención artística e recrearon o mar de Lugrís no material de obra que rodea o edificio en ruínas. Ten de todo: cintas e teas azuis e mensaxes que reivindican o acceso á beleza. Desde 'Hic Habitat Felicitas' (aquí habita a felicidade) ata 'Se fose de Picasso faríanlles máis caso'.

Trátase, en palabras do voceiro da Asociación O Mural Rodrigo Osorio, de “poñer unha nota de cor nos andamios” e destacar o “perigo que corren os frescos”. Avogan por medidas precisas “de xeito inmediato” para “evitar arruinar a beleza”. De non tomaren as administracións accións inmediatas, advierte, “pode que perdamos os murais de Lugrís para sempre”.

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Audio

Rodrigo Osorio, da asociación O Mural


Compra e traslado dos murais de Lugrís

A Xunta adquirirá estes murais de Urbano Lugrís tras exercer o dereito de tanteo na poxa aberta para adquirir o edificio. O seu obxectivo é restauralos e poñelos á disposición da cidadanía, para o que pon sobre a mesa a posibilidade de levalos ao Museo de Belas Artes da Coruña.

O conxunto mural ocupa os pisos baixo e primeiro dos números 25 e 27 da Rúa Olmos. Foi deseñado polo popular pintor coruñés para o Restaurante Fornos, un local que xa existía no século XIX e que forma parte da identidade coruñesa e da súa memoria social.



Son doce pezas que representan estampas como a mariña coruñesa, fondos mariños con peixes, algas sirenas ou medusas; motivos mariñeiros como barcos, veleiros, áncoras ou galeóns ou galeóns e panorámicas da cidade, entre outros temas. Nos elementos representados destacan a Torre de Hércules, a antiga Comandancia da Mariña da Coruña ou o Castelo de San Antón.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar