O Concello da Coruña aproba un modificativo para apoiar o Leyma Coruña

O equipo xogará por primeira vez na súa historia na liga ACB de baloncesto

Xunta de Goberno Local

Andy Perez

Xunta de Goberno Local

Deportes COPE Coruña

Coruña - Publicado el

2 min lectura

A XGL tamén aprobou hoxe a tramitación dun modificativo de crédito para facer fronte a diversos investimentos. Destinaranse 320.000 euros a convenios nominativos, que permitirán apoiar ao Básquet Coruña na nova tempada, así como á Asociación de Clubes de Traineras e a asociación APEM, que xestiona en Méndez Núñez os cabaliños de pedais. 

O Concello tamén propón destinar cerca de 1,6 millóns de euros a financiar os descontos aplicados no bus urbano, e que permiten a toda a cidadanía gozar dun 50% de desconto sobre a a tarifa ordinaria do transporte colectivo. Además, sufragaranse tamén gastos enerxéticos e dotarase de fondos a partida para aboar 70.000 euros en axudas a autónomos . Finalmente, o Goberno propón tamén unha modificación contable nos orzamentos que, sen afectar as contías previstas, facilitará a licitación da obra dos Cantóns no seu conxunto, o que axilizará o proceso para a renovación da zona e a posta en marcha da Fase Cero da nova fachada marítima

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu este mércores a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que deu luz verde á adxudicación do novo contrato de iluminación ornamental para o Nadal e o Entroido. Iluminacións Ximénez será a empresa que asumirá o servizo ata o ano 2027. O Concello levará a cabo un investimento de 800.000 euros anuais, e terá a posibilidade de ampliar o subministro e instalación das luces por dous anos máis. Ademais, entre os asuntos máis destacados na orde do día tamén se aprobou o texto do convenio urbanístico que abre camiño á urbanización do API QA-28, que inclúe as parcelas existentes entre o propio parque e o polideportivo municipal do Castrillón. Tal e como se avanzou a inicios de agosto, o novo planeamento que estipula o convenio contempla a actuación sobre seis superficies diferenciadas no propio barrio do Castrillón: os soares entre as rúas Montes e Antonio Ríos, os existentes entre Antonio Ríos e Casanova de Eirís, outra superficie entre Antonio Ríos e a avenida da Concordia, as parcelas situadas entre Casanova de Eirís e a rúa Castrillón e outras dúas situadas entre a rolda de Outeiro e as rúas Montes e Carballo. A recuperación destes soares permitirá a posta en marcha de diversos desenvolvementos residenciais e tamén a creación de máis áreas verdes e espazos de lecer para a veciñanza nuns enclaves onde existen, a día de hoxe, zonas de maleza e tamén antigos inmobles que, pola súa insalubridade e estado actual, esixirán a súa demolición. 

Cómpre lembrar que o acordo ao que chegou o Concello coa Xunta de Compensación estima que a futura bolsa de solo residencial será de mil vivendas e, entre elas, incluirá un 10% de vivenda protexida, que pasará a ser patrimonio municipal, o que en termos prácticos suporá a creación de 100 VPO no barrio, unha medida que lle permitirá ao Goberno de Inés Rey dar continuidade ás liñas estratéxicas pautadas no Plan municipal de vivenda con vistas ao ano 2030

Programas

Último boletín

13:00H | 13 JUL 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking