• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Opinión | "Solucións para os emigrantes retornados" por José Manuel Balseiro

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

Desde que os populares galegos tivemos coñecemento da problemática que afectaba a algúns emigrantes retornados puxémonos mans á obra na procura de solucións, con xestións ao máis alto nivel impulsadas tanto polo Presidente da Xunta como pola conselleira de Facenda. Foi sempre un asunto complexo, xa que mentres un 67% destes emigrantes cumpriron as súas obrigacións fiscais (segundo datos da Axencia Tributaria relativos ao IRPF do ano 2008) outros, non tiñan declaradas as súas pensións do estranxeiro, sen ningún ánimo de ocultalas. Nunca consideramos xusto que, por aplicación automática do réxime tributario se lles considerada como defraudadores, xa que moitos dos afectados non tiñan feito as súas declaracións por falta de información. O obxectivo fundamental foi entonces, poñer na mesma situación a todos os emigrantes retornados: os que cumpriron e os que non. Ata o punto de que as peticións deste colectivo foron recollidas nun acordo unánime do Parlamento galego e trasladadas ao Ministerio de Facenda, que acabou asumindo a proposta realizada por Galicia. Modificouse a lei do IRPF e abriuse un prazo extraordinario de seis meses, a contar desde o pasado un de xaneiro, para que os emigrantes retornados poidan regularizar as súas pensións, de xeito que non se vexan obrigados a pagar sancións, recargos nin xuros de demora e tamén se lles condonen e devolvan as sancións, xuros e recargos xa impostos con anterioridade. Para acollerse a este trámite só hai que presentar un escrito (o modelo normalizado atópase en internet) onde se identifica o contribuínte, os anos correspondentes á débeda tributaria reclamada e o número de conta no que se fará o ingreso da devolución. A maiores, habilitouse un servizo de asistencia e asesoramento, no que colaboraban técnicos da Xunta, para todos os retornados que precisen de axuda para regularizar as súas obrigas tributarias a reciban. Na Mariña lucense deuse un atranco a maiores: aínda que os emigrantes retornados podían presentar a súa solicitude de devolución e de regularización, para recibir a asistencia víanse na obriga de viaxar ata Lugo. Sensibles cos trastornos que implicaba esta circunstancia impulsamos xestións que se materializaron na confirmación de que tamén nas oficinas da Axencia Tributaria de Foz, previa cita, poderán recibir este asesoramento. Creo que ninguén pode discutir a vontade de dar solución ás problemáticas que foron xurdindo. Tampouco que ese proceder construtivo sempre motivou o actuar dos populares galegos e incluso quen escribe en primeira persoa, coa miña implicación directa, tratou de ir resolvendo cuestións prácticas como que estes tramites puideran facerse desde A Mariña, sen necesidade de desprazamentos. Foi a nosa unha posición aberta ao diálogo e sensible, moi afastada dos intentos do BNG por manipular, polemizar e aproveitar o descontento existente dun colectivo ao que comprendemos e polo que traballamos para corrixir a súa situación.   Jose Manuel Balseiro Orol Secretario do Parlamento de Galicia

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar