Mariña |

Se disparan los datos del desempleo en la comarca con un incremento de 261 personas con relación al mes pasado

El BNG solicita un plan de empleo e inversiones en infraestructuras que son históricas en la comarca como la apertura del dique norte de Morás o las vías de comunicación por carretera y ferrocarril

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Os datos do desemprego volven dispararse na comarca cun incremento en relación ao mes anterior do 5,08%. Das 794 persoas que pasaron a situación de desemprego provincia de Lugo, 261 son mariñás incluíndo os concellos de Riotorto e Muras, polo que o 32,87% do incremento do desemprego na provincia corresponde a persoas da Mariña.  So o concello de Lourenzá con tres persoas desempregadas menos reduce a súa cifra de paro en relación a decembro,  a comarca volve situarse en datos cifras de paro de maio de 2014 e acumula xa cinco meses consecutivos aumentando as súas taxas de paro. E isto tendo en conta a cantidade de persoas que seguen marchando cada día para buscar traballo no estranxeiro e que, en moitos casos, a efectos estatísticos computan como baixa nas demandantes de emprego. O BNG demanda o desbloqueo e investimento en infraestruturas longamente demandadas na comarca como a apertura do di que norte de Morás ao tráfico comercial, a autovía de conexión entre Barreiros e San Cibrao ou o corredor entre San Cibrao e Ferrol que segue paralizado sen solucións na variante de Viveiro. Para os nacionalistas o investimento nestas infraestruturas suporía emprego inmediato e a medio e longo prazo. Da mesma maneira volven reclamar un plan de emprego para a comarca que segue perdendo poboación por mor da falta de oportunidades cara a emigración. As cifras do desemprego na comarca acumulan xa cinco meses consecutivos de subida o que demostra que nin sequera baixou o paro na tempada do natal e unicamente se produciu unha lixeira baixada dos datos do paro entre os meses de maio a setembro froito da tempada estival. Para a portavoz comarcal nacionalista, Ana Ermida Igrexas, “os datos reais desmenten os anuncios dos dirixentes do Partido Popular sobre a recuperación económica, seguimos perdendo poboación que marcha á emigración, seguimos aumentado o paro, seguimos perdendo empresas e o pouco emprego que se crea é precario e temporal”.

Visto en ABC

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

5:00H | 01 ABR 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking