• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

La Xunta facilita la contratación inminente de socorristas para el inicio de la temporada en las playas mariñanas

El gobierno autonómico anticipa 202.860 euros en subvenciones a los ayuntamientos que lo han solicitado, que son todos los del litoral lucense a excepción de Viveiro. Tampoco se puede admitir la solicitud de Ribadeo porque tiene sin justificar la subvención del año pasado.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, comunicou que a Xunta facilita a contratación inminente de 68 socorristas para vixilancia e salvamento nas praias da Mariña de cara ao inicio da campaña de verán. A Consellería de Traballo e Benestar ven de comunicar a todos os concellos que o solicitaron que xa poden proceder á contratación porque se autorizou o anticipo das subvencións, que suman 202.858 euros. Así, poden iniciar os trámites para a dotación de persoal os municipios de Barreiros, Burela, Cervo, Foz, O Vicedo e Xove. Raquel Arias subliñou que na comarca da Mariña pediron a contratación anticipada todos os concellos do litoral salvo o de Viveiro, que non só non pide anticipo senón que nin sequera presentou solicitude de axuda para a contratación de socorristas, se ben o prazo para facelo aínda remata o 30 de xuño. Non obstante, xa non podería optar á contratación anticipada e ademais cabe destacar que no caso desta administración local non xustificou polo de agora a axuda recibida o pasado ano. Igualmente, explicou, non é posible conceder a contratación anticipada ao concello de Ribadeo, pese a que si o solicitou, porque “tampouco xustificou a subvención do pasado ano para o mesmo fin, condición indispensable segundo establecen as bases da convocatoria dos plans de cooperación”. A este respecto, a delegada lembroulles a ambos concellos que deben presentar a documentación xustificativa dos gastos do pasado ano; “xustificar o investimento subvencionado é un requisito que todo beneficiario de axudas públicas, sexa unha institución ou un particular, debe cumprir por lei”, apuntou. As axudas da Xunta de Galicia permiten aos municipios da costa contar con persoal suficiente para a vixilancia das praias durante os meses de tempada alta, pero tamén benefician a municipios do interior que contratan persoal de salvamento nas piscinas, neste caso un total de 14 socorristas. Así, en total a Xunta facilita a contratación nos vindeiros días de 82 socorristas, cun investimento global de 242.746 euros.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar