• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

La Xunta apuesta por el comercio de proximidad y aumenta en el 19% las ayudas a las asociaciones de comerciantes

La delegada territorial, Raquel Arias,  dio cuenta de las aportaciones que se acercan a los 90.000 euros. La representante del ejecutivo gallego señaló el esfuerzo de industria para apoyar al comercio local, que es “el que más cerca está de los vecinos”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

A Xunta de Galicia incrementa en case un 19% as axudas ás asociacións de comerciantes da comarca da Mariña para accións de dinamización do comercio local, tanto nos centros comerciais abertos como nas prazas de abastos. A delegada territorial, Raquel Arias, destacou este dato durante a rolda de prensa na que explicou o programa de axudas co que a Consellería de Economía e Industria fomenta o asociacionismo no  comercio co obxectivo último de “contribuír á construción dun sector comercial máis competitivo e dinámico”. A consellería resolveu a distribución de axudas por importe de  preto de 90.000 euros (89.810 euros) para a revitalización e dinamización dos centros comerciais abertos de Viveiro, e Ribadeo, así como para á asociación de comerciantes da praza de abastos do municipio ribadense. Esta liña de axudas servirá para “impulsar accións de dinamización da demanda” no comercio local, que é “o que máis preto está dos veciños, colabora na sostibilidade e no pulso das vilas, e ao que, polo tanto, aféctalle o que nelas ocorra”, segundo explicou a delegada, que estivo acompañada na presentación polo xefe territorial de Economía e Industria, José Manuel Vázquez Leirado. A metade das actuacións, na Mariña Deste xeito, grazas a estas axudas, os centros comerciais abertos e prazas de abastos beneficiadas desenvolverán nesta zona 31 actuacións relacionadas coa dinamización comercial, sistemas de fidelización de clientes, sinalización comercial externa, unidades xerenciais e instalacións e equipamentos (nas prazas de abastos). Esta cifra supón que prácticamente a metade das actuacións que se levarán a cabo no conxunto da provincia (un total de 64) terán lugar na Mariña. Arias fixo mención especial ás prazas de abastos por ser “referentes na venda de produtos frescos e de calidade”. Neste eido, as axudas inciden na mellora de dotacións, apostando “polos mercados que levan a cabo unha venda moderna, con servizos, diversidade e excelencia, buscando conservar a tradición da compra ao tempo que se da resposta ás novas demandas dos consumidores”. A delegada aplaudiu o labor que desenvolven tanto os centros comerciais abertos como as asociacións de comerciantes das prazas de abastos, “constantemente preocupados por subir o listón, por mellorar a calidade, atención e o servizo que prestan aos consumidores” e animou aos responsables de comercios retallistas doutras vilas lucenses a seguir o camiño que manteñen estas asociacións.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar