• Martes, 19 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

"A universidade que nos agarda" primeras jornadas de verano que organiza el ayuntamiento

Se trata de una iniciativa dirigida al público en general y, especialmente, a los estudiantes que deseen conocer el mundo universitario. Doctores, profesores e investigadores de la Universidad de Coruña expondrán toda la información que debería saber un futuro estudiante universitario Al final del curso, los asistentes recibirán un certificado por su asistencia

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 09 may 2017

O Concello presentou a Universidade Aberta de Cervo. Xornadas de verán 2014 “A Universidade que nos agarda”, que terá lugar o día 27 de xuño ao longo do día. Unha iniciativa gratuíta, pensada para “abrir o mundo universitario a toda a poboación”, tal e como explica a edil de Educación, Pilar Armada, que deu a coñecer os detalles do programa xunto ao alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso, e a coordinadora das xornadas por parte da Universidade da Coruña, María Cristina Pérez Crego.

A Universidade Aberta de Cervo pretende ser un espazo de encontro entre profesores, investigadores, doutores e catedráticos da Universidade da Coruña, que colaboran co Concello nestas xornadas, e a poboación en xeral, aínda que poñendo especial atención nos mozos e mozas en idade de cursar titulacións de grao.

Por iso, estas xornadas están estruturadas en ponencias breves, de 45 minutos cada unha, nas que o profesorado abordará o mundo universitario dende distintos puntos de vista, achegando toda a información que poida ser de utilidade para os asistentes. A inscrición está aberta ata o 24 de xuño e pode facerse no teléfono 635 00 17 17, no correo educacion@concellodecervo.com ou na Casa do Concello.

“Moitos estudantes comezan a súa vida universitaria desorientados, perdidos, sen saber moi ben que van atopar. Con estas xornadas o que queremos é darlles facilidades, e que reciban toda a información directamente da Universidade”, asegura Armada. Polo tanto, para a edil “esta é unha moi boa oportunidade para achegarse ao ensino universitario”.

De todos os xeitos, a edil matiza que non se trata de que prevalezan os estudos universitarios por riba doutras opcións, senón de que o alumnado e a poboación en xeral estea informada.

“A Universidade que nos agarda”

En canto aos temas das charlas, os expertos achegarán información sobre o mundo universitario, dende o cambio de vida que vivirá o alumno, o novo panorama educativo co Espazo Europeo de Educación Superior, as diferenzas a nivel educativo e de aprendizaxe que o alumno atopará na Universidade, todo o que o sistema universitario pode facilitarlle ao alumnado ou os dereitos e deberes dos estudantes.

A edil de Cultura quixo destacar o nivel das xornadas, nas que os relatores son “profesores expertos en los temas de los que tratarán, la mayor parte doctores, catedráticos e investigadores de reconocido prestigio en el mundo universitario y con una dilatada trayectoria docente”.

Alonso anunciou ademais que o Concello está traballando cos institutos da Mariña para procurar a súa colaboración e implicación na divulgación destas xornadas e, ao mesmo tempo, buscando que motiven ao alumnado e a toda a comunidade escolar na súa participación.

Pola súa banda a coordinadora das xornadas por parte da UDC, María Cristina Pérez Crego, destacou que a Universidade Aberta de Cervo será “un espazo de interacción, onde todos os asistentes compartirán coñecementos. En definitiva, trátase de conseguir unhas xornadas informativas, útiles, pero tamén entretidas”.

 

PROGRAMA

10:30 Inauguración das xornadas

11:00-11:45Historia de Vida dun alumno universitario. O acceso á Universidade

Mª Cristina Pérez Crego

Licenciada en Psicopedagoxía

Contratada Predoutoral da UDC na Facultade de Ciencias da Educación da UDC

11:45-12:30Que significa para un estudante universitario o Espazo Europeo de Educación Superior?

Dr. Jesús Miguel Muñoz Cantero

Profesor Titular da área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación da UDC

Director do Departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación da UDC

12:30-13:00 Descanso para o café

13:00-13:45Novas Metodoloxías Docentes no Espazo Europeo de Educación Superior

Dra. Eva María Espiñeira Bellón

Profesora da área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación da UDC

Vicedecana de Calidade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC

13:45-14:30 Técnicas de estudo dende a Perspectiva do Discente

Nuria Rebollo Quintela

Licenciada en Psicopedagoxía

Contratada Predoutoral do Plan I2C da Xunta de Galicia na Facultade de Ciencias da Educación da UDC

14:30-16:30Descanso para xantar

16:30-17:15 Que pode esperar e demandar o alumnado á Universidade?

Dr. Juan Ferreiro Galguera

Catedrático de Dereito da UDC

17:15-18:00 O Dereito, o Deber do Estudante

Dr. Manuel Fondevila Marón

Doutor en Ciencias Políticas

Investigador na área de Dereito Constitucional da UDC

18:00 Clausura das xornadas e entrega de certificados

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar