• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

Unas 250 personas participan en las Escuelas Deportivas 2014-2015

El Ayuntamiento de Cervo dió a concocer los datos de participación en las Escuelas Deportivas, una vez cerradas las cifras del primer trimestre, que indican que son unas 250 personas las que acuden a una o varias de las actividades ofertadas. En total imparten 10 disciplinas, de las cuales patinaje artístico vuelve a ser la actividad infantil más seguida, los jóvenes practican voleibol y los adultos optan por pilates y aeróbic.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 abr 2017

Así, para o público infantil ofrécese (por orde de máis a menos participación) patinaxe artística (segue sendo a máis demandada, con 39 inscritos), baloncesto, fútbol sala, pádel, pequexogos e tenis; para xuvenil impártese voleibol e para adultos pilates (48), aeróbic (47) e ximnasia de mantemento. Ao mesmo tempo, no caso da sección infantil, realízanse actividades complementarias como é o caso de rutas de sendeirismo, a excursión á pista de xeo ou a participación en torneos de deporte escolar. O edil de Deportes, Luis Guillén, asegura que estes datos amosan que “son moitos os veciños que están interesados no deporte e no exercicio físico, e que o practican de forma continuada a través da ampla oferta municipal”. “Todos os anos traballamos para que os veciños teñan varias opcións entre as que elixir e que todas sexan atractivas e, o máis importante, adaptadas aos seus gustos”. De feito, o Concello atende as demandas e peticións que se lle plantexan, como foi o caso do voleibol xuvenil, que comezou no mes de decembro a raíz dun grupo de persoas que manifestaron o seu interese nesta disciplina.  Ademais, Guillén explica que “as Escolas son unha boa forma de fomentar o deporte na nosa sociedade, pero tamén traballamos neste obxectivo mellorando e mantendo as instalacións deportivas, a través dos cursos da piscina, do apoio aos clubs e asociacións do concello e colaborando coas federacións en campionatos e citas deportivas”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar