• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros |

Una dotación de 24 socorristas, dos ambulancias, un punto de primeros auxilios velarán por la seguridad de los bañistas

El Ayuntamiento de Barreiros pone en marcha, como en años anteriores, el servicio de socorristas que vigilarán los 8 kilómetros de playas. Al material que ya disponían incrementan para este verano una nueva ambulancia gracias a un convenio entre ayuntamiento y la empresa Rodríguez Dorado.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O alcalde, Alfonso Fuente, contou que “hoxe poñiamos en marcha o servizo de socorrismo nas praias de Barreiros. Este ano contaremos novamente con 24 socorristas, entre os que se atopa algún auxiliar de clínica ou enfermería. Antes tiñamos unha ambulancia e este verán incrementamos os medios e así contaremos con dúas”. Segundo o rexedor “isto é froito da colaboración coa empresa ambulancias Rguez. Dorado, de aquí de Barreiros. Eles tiñan un equipo que acaban de estrear, é unha ambulancia totalmente equipada que ven con osíxeno e que serve case coma un quirófano ambulante ou móbil. Cédenolo este verán para empregalo na asistencia ás praias”. Fuente Parga subliñou que “a asistencia inmediata se mellora moito deste xeito. Desde o momento en que contamos con dúas ambulancias, o posto de primeiros auxilios e cos 24 socorristas na costa o servizo estará mellor. Iso non quere dicir que non vaia pasar nada. Todo o mundo debe extremar as precaucións, debe cumprir coas indicacións que lle fagan os socorristas, e coma novidade o que non as cumpra xa está en aplicación a ordenanza de uso das praias”. O alcalde barreirense considera que “a pesar da crise damos un paso máis coa colaboración desinteresada de ambulancias Rguez. Dorado, que cede este equipo para que sexa utilizado na nosa costa”. Alfonso Fuente Parga foi o encargado de presentar esta mañá na praia de Coto o dispositivo,  que se pon en marcha hoxe, e que durará ata o 31 de agosto. Os socorristas velarán pola seguridade dos bañistas de luns a sábado de doce da mañá a sete da tarde e os domingos de doce da mañá a oito da tarde.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar