• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

Satisfacción en el Gobierno Local por el cumplimiento del plan de ajuste en el 2012

El alcalde, José María González Barcia, acompañado del resto de componentes del gobierno burelés destacó que “la reducción del gasto corriente permitió mantener puestos de trabajo” y espera que “este año sea el de la estabilización económica del ayuntamiento”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 26 may 2017

O equipo de goberno burelés fixo unha valoración positiva do cumprimento do Plano de Axuste presentado o ano pasado ante o Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas e confía en que 2013 confirme a estabilización económica do concello e marque a senda de recuperación. Así o manifestaron o alcalde burelés, José María González Barcia, e os seus concelleiros, nunha rolda de prensa celebrada hoxe no consistorio burelés. González Barcia comezou lembrando que “o Plano de Axuste vén derivado da existencia de facturas impagadas herdadas do bipartito cun importe total de un millón trescentos mil euros. Unha pequena parte desas facturas foron abonadas con fondos propios, pero no segundo trimestre do ano pasado houbo que presentar un plano de axuste xa que non quedou máis remedio que acollerse ó Plano de Pago Anticipado a Provedores, a través dun crédito dun millón cen mil euros, exactamente 1.097.906 euros, crédito que hai que devolver en dez anos  e que nos obriga a tomar medidas de contención e rigor no gasto”. O rexedor manifestou que “o Plano de Axuste atense á filosofía do equipo de goberno, e da maioría dos cidadáns: non gastar máis do que se ingresa, e pagar o que se debe. E creo que o estamos a cumprir, de aí a nosa valoración satisfactoria no primeiro ano de vixencia do Plano, que aínda é de aplicación para os nove seguintes, tantos como prazo temos para devolver o crédito do millón cen mil euros”. González Barcia destacou “o rigor na contención do gasto, xa que en base a diversas medidas, algunhas delas certamente impopulares, conseguimos deixar de gastar un total de 381.430 euros”. No que se refire ós ingresos, o alcalde manifestou que “estes aumentaron fundamentalmente por unha serie de medidas, como a actualización de certos impostos, xa que mentres a inmensa maioría dos veciños e veciñas actúan con responsabilidade e pagan os seus impostos, algúns, os menos, prefiren non cumprir coas súas obrigas, o que nos está levando a realizar procesos de actualización e posta ó día dos distintos padróns, para que todo o mundo pague o que lle corresponde. Non é lóxico que paguen uns e outros non, e con todo hai que dicir alto e claro que os veciños e veciñas de Burela somos na inmensa maioría cumpridores coas nosas obrigas fiscais”. Neste punto, o concelleiro de Economía, José Casas, puxo sobre da mesa algúns datos: “os dereitos recoñecidos aumentaron en 2012 un total de 174.030 euros sobre o previsto, pasándose de 6.491.163 euros a 6.665.193 euros, descontando o crédito solicitado dentro do Plano de Axuste; por exemplo, no Imposto dos Vehículos de Tracción Mecánica, o aumento foi de 12.764 euros , pasándose de 328.038 euros en 2011 a 334.269 euros en 2012”. Casas Martínez manifestou que “tamén aumentou a recadación neta, exactamente en 145.134 euros, o que demostra que os presupostos de 2012 foron feitos con rigor e seriedade, escapando de posibles inflados que o único que provocan é máis gasto pero non máis ingresos, o que se traduce en facturas impagadas, que era o que pasaba co bipartito en Burela”. José Casas tamén se referiu ó capítulo de gastos: “tiñamos gastos previstos de 6.318.550 euros, e as obrigas recoñecidas son de 5.937.120 euros, o que supón un aforro, como dixo o alcalde, de 381.430 euros, ou sexa, un 6’04%. Pero si sumamos os gastos que aforramos e os ingresos adicionais que tivemos, o impacto foi positivo en 555.460 euros, mentres que no Plano de Axuste só estaban contemplados 225.350 euros”. O concelleiro de Economía tamén destacou o grado de cumprimento da Lei de Morosidade, “no cuarto trimestre de 2012 pagamos a unha media de 34 días logo de ser contabilizadas as facturas; temos practicamente pagadas as facturas de 2012 que entraron no Concello antes do 31 de decembro e xa comezamos a pagar as facturas que entraron durante o mes de xaneiro, aínda que durante o ano teremos picos de escasez de liquidez”. O alcalde, José Mª González Barcia, recoñeceu que “no capítulo de persoal non estamos cumprindo exactamente o Plano de Axuste, pero a contención do gasto corrente, ese impacto positivo de 555.460 euros que indicaba o concelleiro de Economía, trouxo consigo que se mantivesen postos de traballo, dado que seguimos contando co mesmo persoal funcionario, funcionario interino e persoal laboral fixo. Solo no caso das contratacións temporais se produce a extinción da relación contractual co Concello cando remata a subvención que permite tal contratación. Sen ir máis lonxe, mantivemos o persoal colaborador dos comedores grazas precisamente ó control doutros gastos. De non ter sido así, teríamos que facer axustes de persoal e iso non entra dentro das nosas previsións, tal e como ben coñecen os representantes sindicais”. González Barcia tamén manifestou que “a nosa intención é que 2013 sexa o ano no que se produza a estabilización económica en base a dous criterios: deixar ben fixados os criterios de gasto, por un lado, e facer que as poucas minorías que quedan que non cumpren axeitadamente como cidadáns o fagan. Por exemplo, temos detectado establecementos comerciais que non están tributando pola actividade que realizan, o que é unha falta de respecto cara os que efectivamente o fan”. Finalmente, o alcalde tivo palabras de recoñecemento para o comportamento da inmensa maioría dos cidadáns, que se están comportando con responsabilidade e sensatez: “sabemos que tivemos que adoptar medidas que en certos casos non foron ben acollidas, pero tamén sabemos que os cidadáns nos elixiron para encauzar unha situación que ía á deriva, e polo tanto entenden que hai que tomar decisións que para quen as toma non son nada doadas, porque entre outras cousas tamén somos cidadáns”. Tamén recoñeceu “o traballo e o alto grado de responsabilidade de todos e cada un dos membros deste equipo de goberno, que saben perfectamente cal é a situación, asúmena como propia e seguen ó pé da letra as liñas que deben rexir o noso traballo”.    

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar